Os socialistas critican a fusión de concellos “sen ningún tipo de planificación e estudo previo”, só para satisfacer “os intereses políticos do presidente da Xunta”

Marisol SoneiraOs socialistas galegos criticaron hoxe no pleno do Parlamento as fusións de concellos impulsadas pola Xunta, “feitas sen ningún tipo de planificación e só para satisfacer os intereses políticos do presidente Feijóo”.

Nunha interpelación ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a deputada socialista Marisol Soneira lamentou que as fusións entre Oza dos Ríos e Cesuras, e a máis recente entre Cerdedo e Cotobade, “foran anunciadas sen proxectos e estudos serios, sen analizar a situación socioeconómica ou a previsión demográfica dos municipios afectados”.

“Non existen documentos que aconsellen e recomenden as fusións con variables obxectivas e medibles, a última pillou incluso por sorpresa aos concelleiros dos municipios”, afirmou Soneira. “O obscurantismo é absoluto”, engadiu.

“Non sabemos como se poden tomar este tipo de decisións sen garantias técnicas solventes, non hai folla de ruta nin planificación, afectando incluso a fusión a concellos de partidos xudiciais diferentes, o que pode repercutir nas próximas eleccións autonómicas”, asegurou a deputada socialista.

Na súa resposta, Rueda non foi de quen de demostrar que existan estudos previos ás fusións, limitándose a acusar aos socialistas de estar en contra das mesmas. “Non diga o que eu non dixen, o que pedimos son informes técnicos que avalen decisións tan importantes”, rematou Soneira.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar