Os socialistas critican a estratexia forestal da Xunta e lembran que o sector fixo “unha emenda á totalidade” á política da Consellería de Medio Rural

Os socialistas critican a estratexia forestal da Xunta e lembran que o sector fixo “unha emenda á totalidade” á política da Consellería de Medio Rural

Os socialistas critican a estratexia forestal da Xunta e lembran que o sector fixo “unha emenda á totalidade” á política da Consellería de Medio Rural

Pablo GarcíaOs socialistas galegos criticaron hoxe no Parlamento a estratexia forestal da Xunta de Galicia e lembran que o conxunto do sector fixo “unha emenda á totalidade” á política da Consellería de Medio Rural.

“As asociacións profesionais veñen de manifestar publicamente a súa disconformidade coa política desenvolvida pola Consellería de Medio Rural e do Mar no que afecta ó sector forestal, reclaman que se lles teña en conta á hora de planear políticas e accións que lles afectan directamente e lamentan o ninguneo ao que se vén sometidos a diario por responsables de dita consellería”, manifestou o deputado socialista Pablo García.

En concreto, García apuntou que “reclaman a axilización dos permisos de corta, xa que na actualidade existe unha auténtica carreira de obstáculos por todos os trámites que deben facer para poder ter a autorización; é necesario tramitar 15 permisos coas súas correspondentes taxas e avais para sacar a madeira do monte, en función do Concello do que se trate”.

O deputado socialista considerou tamén o Plan forestal actual como “ineficiente e de costas á realidade forestal de Galicia”. “As asociacións acusan tamén ao Goberno de desleixo de función polas restricións como consecuencia do Nemátodo que afecta ó Piñeiro”, engadiu.

“Pasados xa máis de catro anos dende a detención do brote é preciso que o Goberno presente un informe en Bruxelas para solicitar o levantamento das medidas preventivas, pero este feito se vén aprazando de forma inexplicable; uns 6.000 propietarios e 40 empresas se encontran con este problema con unhas perdas millonarias”, manifestou García

“Na reunión que mantivo a conselleira no mes de novembro co sector, esta se comprometerá a dar unha resposta rápida tanto o tema dos permisos como unha resposta clara no que respecta o levantamento das medidas cautelares que afectan ao piñeiro como consecuencia do nematodo; pasados case catro meses dende entonces, segue sen haber unha concreción e segue sen trasladarselle ao sector”, aseverou.
Pablo Garcia tamén lle recordou ao secretario xeral de Montes, Tomás Fernández Couto, que todo o sector “había manifestado claramente a ausencia total de diálogo e participación na elaboración do PDR, así como o rexeitamento total ao documento presentado e a disconformidade total coa política contraincendios que ven desenvolvendo a Xunta”.

“En definitiva, todo o sector fai unha emenda á totalidade da política que vén levando a cabo a Consellería de Medio Rural no que respecta ó sector forestal, e a sinala como principal obstaculizadora do desenvolvemento do mesmo”, rematou García. Nas súas respostas, Fernández Couto non foi quen de concretar solucións aos problemas do sector expostos polo PSdeG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar