Os socialistas critican a “desmesurada axenda festiva” do goberno de Feijoo en plena crise económica

Os socialistas critican a “desmesurada axenda festiva” do goberno de Feijoo en plena crise económica

Os socialistas critican a “desmesurada axenda festiva” do goberno de Feijoo en plena crise económica

 

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista Abel Losada criticou hoxe con dureza a “desmesurada axenda festiva do Goberno de Feijoo en plena crise económica”. 

Losada aludiu a asistencia intensiva dos Conselleiros do Goberno Galego, incluíndo o líder do PP Mariano Rajoy, que onte visitaba a Feira do Carballiño acompañado de dous conselleiros, a diversas romarías e festas de Galicia. E puxo como exemplo a presenza dos lideres do PP nas festas de Pontevedra, e tamén a Conselleira do Mar, Rosa Quintana asistiu a Aguiño (Feira da Navalla), e mais tarde, visitou Cabo de Cruz na Festa do mexillón. O titular de Educación, Jesus Vázquez, asistiu este fin de semana a festa popular de Baltar (Ourense).

O portavoz socialista critica ademais que hoxe mesmo a Axenda da Xunta conta ca previsión da asistencia do Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, á Feira do Xamón, na localidade de Carballeira do Cacharado.

Losada emprazou aos membros do executivo autonómico “a visitar Galicia”, pero advertiu “pero non visitala de festa en festa, e de romaría en romaría senón para presentar proxectos, plans e medidas que axuden aos concellos de Galicia a superar estes momentos de dificultade económica”.

O dirixente socialista fixo un repaso pola actual conxuntura económica da nosa Comunidade. Coas cifras na man denunciou que dende a chegada de Feijoo ao Goberno de Galicia, a nosa Comunidade endebedouse en máis de 2.200 millóns de euros, e afirmou que o total da débeda galega xa supera os 6.000 mill. €, aumentando un 60% con Feijoo como presidente (é a 5ª maior no Ranking de CC.AA.).

Con Feijoo destruíronse 87.000 empregos na nosa Comunidade

Sobre as cifras do emprego asevera que con Feijoo destruíronse en Galicia   87.000 empregos, e o paro aumentou en 64.000 persoas. “As cifras son alarmantes”, resumiu. Tamén lembrou que en Galicia hai mais de 60.000 galegos que viven en situación de pobreza severa.

Por iso insistiu nas súas criticas “os concellos de Galicia precisan investimentos e non Conselleiros viaxeiros, que só visitan as comarcas da nosa Comunidade de romaría en romaría”, sentenciou.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar