Os socialistas cren que "debería ser Feijóo, e non todos os galegos, quen pagase o millón de euros" pola súa "irresponsabilidade" coa planta de Touriñán

Os socialistas cren que “debería ser Feijóo quen pagase o millón de euros pola súa absoluta irresponsabilidade” co proxecto da piscifactoría de Touriñan e non “a Xunta con cartos de todos os galegos”, despois de coñecer a sentenza do Tribunal Supremo que obriga ao goberno autonómico a indemnizar á empresa Insuiña S. L., filial de Pescanova, por primero darlle permiso para unha planta de acuicultura en pleno Cabo Touriñán, en zona protexida, e despois ser paralizado o proxecto de xeito correcto polo goberno de Touriño.

O portavoz de Pesca do PsdeG no Parlamento, José Ramón Val, enmarca a “irresponsabilidade” de Feijóo, primeiro, no seu impulso a este proxecto cando era conselleiro de Política Territorial con Fraga contra a normativa medioambiental da Rede Natura e o cumprimento da Lei do Solo, e despois, xa na oposición, “coa súa actitude de arengar ao empresario contra o goberno da Xunta e intentar torpedear a paralización do proxecto”.

“Esta sentenza pon en evidencia a especulación co territorio do PP e a súa falta de escrúpulos por riba de calquera protección de Galicia e da normativa autonómica”, afirma Val, que contrapón esta actitude coa “sensatez, rigor e respecto á terra” que agora se demostra que tivo o goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, “a pesar das presións e da lamentable actitude de Feijóo e os seus”.

(Imaxe: El Correo Gallego)

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar