Os socialistas consideran “vergonzoso” que Feijóo renuncie a defender ao sector eólico galego

Os socialistas consideran “vergonzoso” que Feijóo renuncie a defender ao sector eólico galego

Os socialistas consideran “vergonzoso” que Feijóo renuncie a defender ao sector eólico galego

Abel Losada repróchalle ao goberno galego “nin unha mala palabra, nin un bo feito” mentres Galicia pasa do segundo ao carto posto en produción polo seu desleixo

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, cualificou hoxe de “vergonzoso” que Feijóo estea renunciando a defender ao sector eólico galego fronte ás regulacións do goberno central suprimindo as axudas ás enerxías renovables para beneficiar descaradamente ás grandes eléctricas. Así o dixo no debate en Comisión dunha pregunta oral sobre a situación do sector en Galicia.

Losada criticou que o goberno galego renuncia a defender a un sector estratéxico como o da enerxía eólica, no que Galicia era punteira ata a chegada de Feijóo, que dende entón non ofrece “nin unha mala palabra, nin un bo feito”. Reprochoulle que exerza a súa labor diplomática “no Hotel Palace”, en alusión á participación de Feijóo en almorzos informativos “e non diante do Ministerio”.

Criticou así que fronte ás novas imposicións do Goberno central, a Xunta “seque sen dicir nada relevante, sen posicionar a Galicia ante o inmediato cambio de regras que o Ministerio de Industria aplicará ao antes chamado réxime especial”, e que supoñen un duro golpe para os noventa parques que o sector ten “no aire”.

Plan eólico

O responsable socialista advertiu que a situación actual do sector eólico, que perdeu 5 puntos dende 2008, e un sector industrial que perdeu o 25 por cento dos postos de traballo, deriva dunha xestión “ideolóxica e sectaria” do PP. Abel Losada lembrou a paralización do anterior Plan Eólico “sen saber si era ilegal”, como confesou o anterior conselleiro de Industria, e impedindo a entrada de capital público.

Lembrou que mentres Feijóo presentaba un novo Plan Eólico anunciando 6.000 millóns de euros de investimento e 14.000 empregos, a realidade e que fixa “paralizado en termos prácticos”, e ten provocado que Galicia perdera as primas para as enerxías renovables pola regulación do goberno central.

Sinalou que a incerteza regulatoria está a lastrar ao sector, que se queixa de que non hai crédito, “e o pouco que hai non llelo conceden precisamente por esta incerteza regulatoria”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar