Os socialistas consideran “unha temeridade” que a CRTVG recurra a sentenza que a condena por vulneración ao dereito á folga

Os socialistas consideran “unha temeridade” que a CRTVG recurra a sentenza que a condena por vulneración ao dereito á folga

Os socialistas consideran “unha temeridade” que a CRTVG recurra a sentenza que a condena por vulneración ao dereito á folga

Noela Blanco acusou ao director xeral da CRTVG de “amordazar ás súas traballadoras e non deixalas exercer o seu dereito á folga feminista”

A deputada socialista, Noela Blanco, denunciou hoxe no Parlamento a vulneración, por parte do director xeral da CRTVG, do dereito á folga das mulleres traballadoras no 8-M. Blanco cualificou de “temeridade” o anuncio do director xeral da CRTVG de recorrer a condena por vulneración do dereito á folga.

 

Noela Blanco expuxo a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e recriminoulle ao director xeral da CRTVG se “van a facer a temeridade de recorrer dita sentenza, porque con este feito vai volver poñer á CRTVG aos pes dos cabalos coa posibilidade de que se consolide ou incluso incremente a indemnización, e co custe que vai ter a continuidade deste proceso xudicial”.

 

A deputada socialista denunciou que “a CRTVG estaba a rebentar a xornada de mobilización ao estar a chamar e convocar traballadores para substituír ás mulleres que secundaban a folga. Así, a presentadora do Galicia Noticias non acudiu a traballar e foi substituída polo seu superior xerárquico, cando ninguén pode facer esa substitución”.

 

A deputada socialista manifestou que “vulnerar o dereito á folga é unha forma de mordaza antidemocrática. E na CRTVG son os primeiros en amordazar ás traballadoras”. Do mesmo xeito, Noela Blanco dixo que “os e as xornalistas están en contra de que se manipule. E a manipulación informativa tamén é corrupción”.

 

Por outro lado, Noela Blanco acusou á corporación de que “vostedes intentaron ser un dique de contención do feminismo. Pero non puideron nin van a poder parar o que pasou na xornada do 8-M. Acudimos a unha vitoria das mulleres en xeral”.

 

Para rematar, a deputada solicitou ao director xeral da CRTVG que “pida desculpas en lugar de seguir sen facer nada pola igualdade, pida perdón e non sexa temerario”. Así, quixo saber a opinión do director xeral ante a sentenza do TSXG pola que debe de indemnizar ao sindicato convocante cunha suma de 15.625,50 euros por danos e prexuízos.

 

Sgonzalez

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar