Os socialistas consideran “unha chapuza nacional” a xestión da crise do Ébola e advirten de que o Meixoeiro non ten “un departamento específico de enfermidades infecciosas”

pachi preguntaOs socialistas galegos denunciaron hoxe no pleno de Parlamento “a chapuza nacional” levada a cabo polo Partido Popular na xestión da crise do Ébola e esixen á conselleira de Sanidade “responsabilidade” para evitar problemas se chega algún caso a Galicia.
O coportavoz de Sanidade dos socialistas galegos na Cámara, Manuel Pachi Vázquez, afirmou no pleno que o Meixoeiro, centro de referencia elixido pola Xunta, “non ten un departamento específico de enfermidades infecciosas nin una sala especial para una atención personalizada”.
“Temos que mandarlle unha mensaxe de tranquilidade aos cidadáns e o normal é que non pase nada, pero tamén hai inquedanza e o Goberno galego debe actuar con responsabilidade”, sostivo Vázquez, en resposta á comparecencia da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.
“Temos uns grandísimos profesionais na Sanidade galega aos que a Xunta debe protexer, hai dúbidas máis que razoables de que o Meixoeiro esté preparado para atender un posible caso de Ébola, a cidadanía e os profesionais necesitan máis garantías”, apuntou o deputado socialista.
Os socialistas consideran que a Xunta de Galicia non é quen de expoñer os medios cos que conta a comunidade autónoma para facer fronte a un posible caso de Ébola e os mecanismos de actuación establecidos para os centros sanitarios.
Por último, Vázquez invitou á conselleira Rocío Mosquera “a facer, nun prazo de sete días, una visita ao Meixoeiro con xornalistas para comprobar si está todo ben; de ser así, poderiamos transmitir una mesaxe de tranquilidade aos galegos e galegas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar