OS SOCIALISTAS CONSIDERAN “UNHA AXENDA ELECTORAL A AXENDA SOCIAL DA XUNTA” E LEMBRAN QUE XA HAI 38.300 FOGARES SEN INGRESOS EN GALICIA

OS SOCIALISTAS CONSIDERAN “UNHA AXENDA ELECTORAL A AXENDA SOCIAL DA XUNTA” E LEMBRAN QUE XA HAI 38.300 FOGARES SEN INGRESOS EN GALICIA

OS SOCIALISTAS CONSIDERAN “UNHA AXENDA ELECTORAL A AXENDA SOCIAL DA XUNTA” E LEMBRAN QUE XA HAI 38.300 FOGARES SEN INGRESOS EN GALICIA

A viceportavoz dos socialistas galegos no Parlamento, Carmen Gallego, cualificou hoxe de “axenda electoral a axenda social da Xunta”, cando a realidade é que xa hai 38.300 fogares en Galicia que non teñen ningún ingreso.

En resposta a unha comparecencia do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a viceportavoz do PSdeG, Carmen Gallego, lembrou que “os orzamentos para gasto social baixaron un 8% co goberno de Feijóo, aínda que suba algunha partida de forma esporádica”.

“As familias teñen que asumir cada vez máis taxas, copagos e repagos en mediciñas ou nas escolas infantís, Galicia é a segunda comunidade autónoma coas pensións máis baixas e a Risga só chega ao 30% dos máis de 38.000 fogares que non teñen ingresos”, apuntou a socialista.

Carmen Gallego lembrou tamén “as 3.000 persoas dependentes que morreron esta lexislatura sen cobrar a axuda á que tiñan dereito” e esixiu o desenvolvemento da Lei de Inclusión.

“Son vostedes o goberno das privatizacións para favorecer ás empresas amigas e do recorte de dereitos e competencias, como fixeron coa lei que prohíbe aos concellos de menos de 20.000 habitantes xestionar os servizos sociais”, engadiu.

“Esta axenda social é unha axenda electoral a catro meses de que remate esta lexislatura, presentan unhas axudas que non chegan, son insuficientes, cando o que teñen que facer é restituír os dereitos perdidos”, rematou Gallego.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar