Os socialistas consideran que o repago de medicamentos resulta “cruel e fondamente lesivo” para os doentes

Os socialistas consideran que o repago de medicamentos resulta “cruel e fondamente lesivo” para os doentes

Os socialistas consideran que o repago de medicamentos resulta “cruel e fondamente lesivo” para os doentes

Os socialistas galegos lembran que o presidente da Xunta “terá o mérito de ser o único presidente autonómico que goberna en contra dos cidadáns”

Os socialistas galegos advertiron hoxe que o repago de medicamentos resulta “cruel e fondamente lesivo para os doentes” galegos. Así o dixeron logo dun encontro con representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, a Plataforma pola Gratuidade da Sanidade Pública e a Comisión Sociosanitaria de Cogami.

Nesta xuntanza, á que asistiron a secretaria de Sanidade do PSdeG-PSOE, Isabel Rodríguez, a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, e o coordinador da sectorial de Sanidade dos socialistas galegos, Francisco Reyes, avaliaron a implantación do copago nos fármacos de dispensación ambulatoria na farmacia hospitalaria e propuxeron constituír unha fronte común para esixirlle a Feijóo a retirada deste repago, “un dos mais crueis e penosos de todos os impostos polo PP á cidadanía”.

Os socialistas lamentan que o presidente da Xunta “quere ter o triste mérito de ser o único presidente autonómico que goberna en contra dos cidadáns” aplicando estas medidas “innecesarias e miserables”, logo de que mesmo a súa propia secretaria xeral, Dolores de Cospedal, anunciara que non o aplicaría na Comunidade Autónoma na que goberna, en Castela A Mancha.

Enfermidades graves

Advertiu que Galicia pode ser a única Comunidade Autónoma que cobre por unhas medicinas que se dispensan a doentes con enfermidades graves como é o caso da esclerose lateral amiotrófica –ELA-, a hepatite ou mesmo o cancro.

Salientan a “crueldade” de aplicar unha medida que en ningún caso resulta disuaroria, xa que os doentes están obrigados a tomar os medicamentos pola gravidade das súas doenzas, que suporá un aforro “pírrico” de apenas 300.000 euros cando o Sergas xestiona un orzamento de 3.326 millóns de euros, e que ten aos profesionais da medicina en contra.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar