Os socialistas consideran que a reforma do regulamento do Parlamento “recolle melloras evidentes e un maior control sobre a acción do goberno”

Os socialistas consideran que a reforma do regulamento do Parlamento “recolle melloras evidentes e un maior control sobre a acción do goberno”

Os socialistas consideran que a reforma do regulamento do Parlamento “recolle melloras evidentes e un maior control sobre a acción do goberno”

Carmen GallegoA viceportavoz dos socialistas galegos no Parlamento, Carmen Gallego, asegurou no pleno que a reforma de regulamento da Cámara, que naceu a proposta do PSdeG e sairá hoxe adiante, “recolle mellores evidentes no control sobre a acción do goberno, a transparencia e a axilidade no funcionamento” da institución.

No debate do ditame elaborado en comisión sobre a proposición de lei para a reforma do regulamento do Parlamento, Gallego afirmou que “os socialistas somos contrarios a reformas unilaterais e queremos o maior consenso posible, entendemos os argumentos de todos os grupos pero co novo texto melloramos os dereitos de todos”.

“Non é a reforma inicial dos socialistas e a proposta do PP era restritiva e pobre, pero dos 24 artigos a modificar, só en tres non houbo acordo despois da negociación: a regulación dos non adscritos, a apertura das comisións de peticións para aumentar a participación da cidadanía e a posibilidade de que os sectores implicados poidan presentar emendas aos proxectos de lei”, manifestou a deputada socialista.

Carmen Gallego explicou que “os grupos parlamentarios poderán presentar preguntas ao presidente e poderase abrir unha comisión de investigación por lexislatura co apoio de 30 deputados, no caso de ser de varios grupos, ou 25 se son dun único grupo”.

“A reforma tamén mellora o control sobre o orzamento do Parlamento e axiliza os debates”, dixo a viceportavoz do PSdeG, que engadiu que “ata hoxe, escoitei aquí mentiras no grupo do PP cando non teñen argumentos políticos, pero hoxe tamén no resto dos grupos; non poden falar de cambalache ou atentado contra a democracia por un acordo entre PSdeG e Partido Popular, cando noutras ocasións o Grupo Mixto, BNG e AGE apoian iniciativas do PP”.

Ademais, a reforma insta ao Goberno a responder ás peticións formais de documentación ou do contrario obriga a comparecer para dar conta da información solicitada. Este requisito está dirixido a impedir que a Xunta escamotee información, o que provoca que a día de hoxe os socialistas manteñan 400 solicitudes de información sen atender.

A nivel interno, reduce os prazos das iniciativas parlamentarias, incrementa un mes ao ano o tempo hábil dos períodos de sesións e remata coa opacidade fiscal, ao impor a transparencia fiscal dos membros da Cámara e dos grupos parlamentarios.

A socialista rematou afirmando que o texto “mellora a posición actual” e supón “un punto de encontro” que abre a porta a que “no futuro, con outra composición da Cámara, se poida avanzar na mellora do seu funcionamento”. Salientou as melloras aplicadas tanto no labor de control ao Executivo como no “avance extraordinario na participación cidadá no proceso lexislativo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar