Os socialistas consideran que a modificación da Lei de Estradas impulsada polo PP “é unha emenda á totalidade” ao texto aprobado en 2013 por Agustín Hernández

Os socialistas consideran que a modificación da Lei de Estradas impulsada polo PP “é unha emenda á totalidade” ao texto aprobado en 2013 por Agustín Hernández

Os socialistas consideran que a modificación da Lei de Estradas impulsada polo PP “é unha emenda á totalidade” ao texto aprobado en 2013 por Agustín Hernández

Raúl Fernández Pleno 250613 webO portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, dixo hoxe que a proposición de Lei de reforma da Lei de Estradas de Galicia, aprobada no pleno do Parlamento co único apoio do PP, en realidade supón unha “emenda á totalidade” ao texto do goberno aprobado en 2013.

“Esta proposición de Lei confirma que o PP segue a dar bandazos e pon en ridículo a política levada a cabo por Agustín Hernández”. Ademais confirma que a Lei presentada polo entón conselleiro viña supoñer unha “cortina de fume” para tapar a súa falla de xestión e a falla de investimento, e un texto dirixido a “engordar a irrelevante estatística da acción administrativa”.

Así queda plasmado nunha reforma que afecta a 22 artigos dos 76 que ten a Lei, así como a varias disposicións adicionais, co que o PP opta por “emendarse a si mesmo” logo de só aprobar 6 das 124 emendas que daquela presentaran os socialistas galegos e tan só 8 das 177 presentadas por toda a oposición. Ano e medio despois, o propio PP é quen desminte ao ex conselleiro, que presentara a Lei como “moderna e eficaz”.

Ademais, Fernández criticou que o propio PP “volve errar nesta modificación” ao optar por cambiar a Lei dende o Grupo Parlamentario, esquivando os informes preceptivos que teñen que aportar as leis presentadas dende o goberno, como é o caso do informe xurídico, “fundamental para garantir a legalidade das modificacións”.

Tamén renuncia ás aportacións e achegas do resto das institucións, como o propio Consello Económico e Social, dos entes sociais, das administracións locais, directamente afectadas por esta Lei, ou das restantes forzas políticas.

Esta emenda ao traballo lexislativo do goberno galego tan só é unha mostra mais dunha consellería “inútil e irrelevante para resolver os problemas dos galegos e das galegas”, a pesares de aglutinar “abondosas competencias” en materia de medio ambiente, territorio, urbanismo, solo industrial, vivenda, transporte ou infraestruturas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar