Os socialistas consideran que a evolución da economía galega “é a crónica dun fracaso anunciado, a obsesión polo déficit cero converte a Feijóo no xestor da miseria”

Os socialistas consideran que a evolución da economía galega “é a crónica dun fracaso anunciado, a obsesión polo déficit cero converte a Feijóo no xestor da miseria”

Os socialistas consideran que a evolución da economía galega “é a crónica dun fracaso anunciado, a obsesión polo déficit cero converte a Feijóo no xestor da miseria”

Abel-LosadaOs socialistas galegos aseguraron hoxe no Parlamento que a evolución da economía galega no ano 2014 “é a crónica dun fracaso anunciado, a obsesión polo déficit cero converteu ao presidente Feijóo no xestor da miseria”.

Nunha rolda de prensa, o portavoz de Economía e Industria do PSdeG na Cámara, Abel Losada, lembrou que “Galicia tivo o peor comportamento de todas as comunidades autónomas, cun crecemento do PIB do 0,5% fronte ao 1,4% do conxunto de España”.

“Todo sigue igual co novo conselleiro, que é incapaz de recoñecer a dramática situación en termos de pobreza e exclusión, Feijóo e o seu goberno continúan co discurso falaz e propagandístico de que estamos ben, saíndo da crise”, manifestou o deputado socialista. O PSdeG demandou hoxe a comparecencia urxente en pleno de Valeriano Martínez, titular de Facenda, para dar conta da evolución do PIB en Galicia.

“A obsesión ideolóxica polo déficit cero provoca que a execución orzamentaria en novembro 2014, en canto a investimentos reais e transferencias de capital, é dicir, en actuacións cunha incidencia na actividade económica, sexa do 40,6% en Galicia, 11 puntos menos que no resto de España e un 22% menos que nos primeiros once meses do ano 2013; executamos pouco e cada vez menos nun contexto difícil e complexo”, criticou Losada.

“Lamentablemente, o presidente da Xunta converteu a Galicia nun laboratorio de probas das duras políticas de recurtes do Partido Popular, e o resultado é que a nosa comunidade autónoma non é nin máis fiable nin máis solvente, simplemente máis pobre”, manifestou.

En opinión do representante do PSdeG, “neste contexto de ideoloxía máis incapacidade de xestión chegou o Plan Juncker e os socialistas xa manifestamos as nosas reservas”. “A Xunta afirmou a semana pasada que enviou o 7 de novembro os proxectos demandados polo Goberno de Rajoy, pero a día de hoxe aínda non os coñecemos a pesares das solicitudes dos socialistas no Parlamento”, apuntou.

Fronte a esta “incapacidade técnica e política”, os socialistas presentaron hoxe unha moción para pedir “os proxectos e os informes técnicos nos que se basean, e esiximos tamén que Galicia teña unha posición forte en Bruxelas para que estes investimentos públicos non computen no déficit público”, á marxe de demandar ao Goberno de España que incremente as achegas propias ao plan “ata os 6.000 millóns de euros”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar