Os socialistas consideran “propaganda electoral e un ataque á dignidade dos empregados públicos” a promesa de devolución da paga extraordinaria

Os socialistas consideran “propaganda electoral e un ataque á dignidade dos empregados públicos” a promesa de devolución da paga extraordinaria

Os socialistas consideran “propaganda electoral e un ataque á dignidade dos empregados públicos” a promesa de devolución da paga extraordinaria

sestayoOs socialistas galegos consideraron hoxe no Parlamento “propaganda electoral e un ataque á dignidade dos empregados públicos” a fórmula e o momento elixidos polo PP para a devolución do 26,23% da paga extraordinaria de decembro de 2012.

A deputada socialista Beatriz Sestayo criticou no pleno da Cámara o procedemento de lectura única e urxencia na tramitación do proxecto de Lei para aprobar a retribución de carácter extraordinario que recupera parte desa paga, “o que demostra a maneira absolutista de exercer a maioría por parte do Partido Popular”.

No posterior debate do proxecto de lei, o PSdeG presentou unha emenda de totalidade “a un texto que nin sequera recolle as promesas que acaba de anunciar aquí o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, outra vez mera propaganda que non figura no texto, onde está a devolución do 100%?”.

“Falan de cantidades perdidas e de recuperar os dereitos e condicións laborais, pero non establecen prazos de devolución, este texto lexislativo é márketing electoral, din que defenden os servizos públicos pero a realidade está no Hospital de Vigo, no inicio de curso escolar ou na eliminación da Dependencia, o único que fai ben o PP é externalizar os servizos públicos”, asegurou Sestayo.

“Gobernan a golpe de decreto e despois das promesas sempre chegan os recortes, como cando prometen grandes contratos para o sector naval de Ferrol, sempre o mesmo, estamos a falar das condicións laborais dos funcionarios, algo moi serio”, rematou a socialista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar