Os socialistas consideran “practicamente insostible” a situación da flota do cerco e esixen “un cambio de modelo na xestión e no reparto das posibilidades de pesca”

Os socialistas consideran “practicamente insostible” a situación da flota do cerco e esixen “un cambio de modelo na xestión e no reparto das posibilidades de pesca”

Os socialistas consideran “practicamente insostible” a situación da flota do cerco e esixen “un cambio de modelo na xestión e no reparto das posibilidades de pesca”

Mariñeiro.Xarda.Pescar (Fotografía propiedade de www.industriaspesqueras.com)Os socialistas galegos consideran “practicamente insostible” a situación da flota do cerco e esixen “un cambio de modelo na xestión e no reparto das posibilidades de pesca”.

“A situación é insostible principalmente polas medidas que durante os últimos anos vén implementando o Goberno do Estado coa connivencia do Goberno galego”, sostén o portavoz de Pesca do PSdeG no Parlamento, José Ramón Val. Os socialistas rexistraron hoxe varias iniciativas para esixir un cambio inmediato na política pesqueira da Xunta.

“Non corren bos tempos para os nosos cerqueiros, profundamente discriminados nos repartos de todas e cada unha das especies peláxicas, profundamente discriminados no Plan de xestión da sardiña e sen ningunha alternativa para poder seguir desenvolvendo a actividade pesqueira con garantías”, afirma.

En opinión do deputado socialista, “á falla de posibilidades de pesca nas súas especies obxectivo hai que sumarlle, nos últimos tempos, a enorme presión inspectora que sofren, tratados moitas veces como delincuentes e non como traballadores profesionais”.

Estes días saía á luz pública unha desmedida actuación inspectora contra un barco do cerco, ao que lle foi prohibido desembarcar as súas capturas nun porto galego que tan só estaba a unhas poucas millas da súa posición de pesca e foi escoltado ata o porto da Coruña, onde sufriu unha fonda inspección que rematou nunha infracción sen motivo aparente algún.

“O Goberno galego permanece impasible diante destas actuacións que moitas veces rozan o abuso de autoridade, e mira para outro lado á hora de defender a viabilidade das empresas pesqueiras, sen manifestar a posibilidade de ir a un cambio de modelo que desde hai tempo veñen reclamando os propios profesionais”, engade Val.

Por todas estas razóns, os socialistas reclaman “un cambio de modelo na xestión e no reparto das posibilidades de pesca das especies peláxicas que afecta á flota do cerco galega e a de artes menores, solicitando un reparto lineal e xusto baseado en criterios socioeconómicos que permitan aos barcos da comunidade de galega acceder ao recurso en igualdade de condicións”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar