Os socialistas consideran o traslado de doentes da área de Vigo cara Santiago un motivo máis para a dimisión de Mosquera

Os socialistas consideran o traslado de doentes da área de Vigo cara Santiago un motivo máis para a dimisión de Mosquera

Os socialistas consideran o traslado de doentes da área de Vigo cara Santiago un motivo máis para a dimisión de Mosquera

Carmen Acuña replicou á titular de Sanidade que “ non queremos nin o modelo Cospedal, con traslados indiscriminados de doentes, nin o modelo Panamá deixando a Sanidade en mans de construtoras privadas que nos plantan esixindo máis orzamento, nin o modelo Feijóo, que aglutina o peor dos dous”

Nunha interpelación no pleno de hoxe, a portavoz de Sanidade Socialista rexeitou os criterios de equilibrio e de atención como xustificación porque o Norte vai quedar con 1800000 persoas e o sur con 900000. Isto vai influír no desenvolvemento docente e das infraestruturas

Pediulle a Mosquera que marchara porque “nin sabe nin pode resolver o problema sanitario da área de Vigo”, pero antes de marchar esixiulle á conselleira que “devolva o Hospital, agora privado e pequeno, ó sistema público”

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiu á conselleira Mosquera que escoite á cidadanía e ós profesionais que perderon a confianza na súa xestión e dimita. “Ten que dimitir si ou si” dixo Acuña, pola privatización dos servizos e a perda de confianza do mundo sanitario e porque demostra “nin sabe nin pode arranxar os problemas de Vigo” e a súa área sanitaria.

A parlamentaria socialista fixo estas declaracións no marco da interpelación en Pleno á conselleira sobre a instrución pola que se varía os centros hospitalarios para os que se derivarán aos enfermos do Sur de Galicia. Así 300000 usuarios, do Salnés e de Pontevedra pasarán a depender da área de Santiago. Pola contra, especialidades existentes en Ourense pasan a Vigo.

Recrimina á conselleira que faga “oídos xordos á cidadanía e aos colexios profesionais”, que se manifestaron a semana pasada e volven saír mañá á rúa en contra desta medida. Que, entre outras consecuencias, “vai hipotecar o desenvolvemento das infraestruturas hospitalarias de Pontevedra e Vigo”.

Segundo a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista a instrución interna do SERGAS, que prevalecería sobre o Decreto do Mapa Sanitario de Galicia,ven de crear na práctica tres áreas, que a conselleira denomina de excelencia, en torno aos complexos hospitalarios de A Coruña, Santiago e Vigo.

O reparto non resulta moi equitativo, porque, apunta Acuña, o CHUAC e o CHUS quedarían con once especialidades, mentres o CHUVI só con catro. Ademais “condenan a non medrar aos hospitais provinciais de Pontenvedra, Ourense, Ferrol e Lugo, e será a morte dos hospitais comarcais”.

Reprochou á titular de Sanidade que “aproben a Lei de garantías sanitarias, onde di que podemos escoller por lei, pero logo, nos obrigan por instrución”. Unha incoherencia máis do Goberno de Feijóo, dixo Acuña, que non entende que este constrúa “a mais grande infraestrutura sanitaria de Galicia en Vigo e logo decida retirarlle 300000 persoas”.

NIN MODELO COSPEDAL, NIN MODELO PANAMÁ, NIN MODELO FEIJÓO

A deputada socialista esixiu a Rocío Mosquera que escoitara á cidadanía e ao persoal sanitarios. “Os cidadáns, dixo estamos acostumados a desprazarnos para obter os servizos que non temos, pero resulta que a cidadanía non quere que, tendo a prestación ao lado da casa, se lles vete a asistencia e nos manden fora da casa” afirmou Acuña.

Censurou os cambios de argumento do Goberno Feijóo para xustificar este transvase de cidadáns. Primeiro, polas listas de espera, “pero eran resultados demasiados parecidos”, logo dixeron que era para mellorar a calidade asistencial, enfadando aos profesionais que, quedarían divididos entre os de primeira e de segunda. E por fin o equilibrio, que tampouco é moi crible si temos en conta que a Zona Norte pasará a ter 1800000 usuarios e o sur 900000.

Acuña respondeu a Mosquera que os cidadáns non querían nin o modelo Cospedal, “con traslados indiscriminados de doentes, nin o modelo Panamá deixando a Sanidade en mans de construtoras privadas que nos plantan un día si e outro tamén esixindo máis orzamento, nin moito menos o modelo Feijóo, que é aglutina o peor destes dous”.

A portavoz socialista de Sanidade esixiu de novo a Mosquera a súa dimisión, “pero antes devolva o Hospital de Vigo, agora privado e pequeno, ao sistema público, como lle reclama toda a cidadanía”. “O sistema sanitario galego non merece o que lle está a facer”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar