Os socialistas consideran o dique flotante "cuestión de Estado" e esíxenlle a Feijóo "responsabilidades políticas"

Os socialistas consideran o dique flotante "cuestión de Estado" e esíxenlle a Feijóo "responsabilidades políticas"

Os socialistas consideran o dique flotante "cuestión de Estado" e esíxenlle a Feijóo "responsabilidades políticas"

Beatriz Sestayo acusan ao PP de “buscar escusas” para renunciar á obra e advirte que “aínda hai vías abertas” para levar o dique a Ferrol.

Anuncia visita a Bruxelas en setembro para trasladar as reivindicacións de Ferrolterra.

A deputada socialista de Ferrol, Beatriz Sestayo, advertiu hoxe que “non admitimos un non como resposta” sobre o dique flotante, que elevou ao nivel de “cuestión de Estado”. Reclamoulle a Feijóo que asuma “responsabilidades políticas” polo “flagrante incumprimento os seus compromisos” logo de presentarse na cidade antes das eleccións como “garante do dique flotante”.

A responsable socialista advertiu que a resposta de Bruxelas en contra do dique por consideralo unha axuda pública responde en realidade a unha “escusa” presentada polo PP para renunciar á obra responsabilizando á UE. Sestayo advertiu que aínda quedan vías abertas para levar o dique a Ferrol e anunciou que os socialistas visitarán Bruxelas no mes de setembro para tratar sobre o asunto na sede da Comisión Europea.

Sestayo acusa a Feijóo e ao PP de “evidenciar a súa trampa” ao provocar unha “chapuza” para obter deliberadamente o “non” de Bruxelas para “liquidar o público permitindo unicamente o privado”. Explicou que na última etapa do goberno de Zapatero o dique ficara recoñecido como unha ampliación de infraestruturas e non como unha axuda ao Estado, o que daba vía libre para a súa construción.

Explicou que mentres as axudas do Estado están vetadas polo executivo comunitario, as ampliacións de infraestruturas nin sequera teñen que ser consultadas. Por este motivo, advertiu que o “empeño” do PP por volver a cambiar a condición do proxecto, retrocedendo tres anos nas xestións, responde unicamente á súa intención de clausuralo mentres os conselleiros paseaban co proxecto en campaña electoral.

Os socialistas reclaman agora que a obra se execute como unha ampliación de infraestruturas con fondos propios. No caso de que non sexa viable retroceder nos trámites “pola incompetencia do PP”, propuxo que o proxecto sexa considerado unha excepción en base ao artigo 107 do Tratado da UE, que habilita estas obras para dinamizar zonas de subemprego, alegando que Ferrol é, co 30 por cento de paro, a zona de Galicia coa maior taxa de desemprego de Galicia.

A deputada socialista dirixiuse ademais ao presidente do goberno para reclamarlle que “ademais de levar Merkel a visitar o botafumeiro, estaría ben que tiveran a decencia de visitar Ferrol para observar de primeira man as consecuencias das súas políticas, letais para toda unha comarca”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar