Os socialistas consideran “moi grave” que 2.000 persoas morreran en Galicia só no último ano sen recibir a prestación por dependencia que tiñan recoñecida

Os socialistas consideran “moi grave” que 2.000 persoas morreran en Galicia só no último ano sen recibir a prestación por dependencia que tiñan recoñecida

Os socialistas consideran “moi grave” que 2.000 persoas morreran en Galicia só no último ano sen recibir a prestación por dependencia que tiñan recoñecida

Carmen GallegoOs socialistas galegos consideran “moi grave” que só no último ano 2.000 persoas morreran en Galicia sen chegar a recibir a prestación que tiñan recoñecida pola Lei de Dependencia, unha cifra que medra ata as 7.000 persoas desde 2012.
“Falamos de cifras oficiais, é unha situación dramática agravada desde 2011, cando chegou ao Goberno o PP de Mariano Rajoy e comezaron os recurtes na Lei de Dependencia”, asegurou en rolda de prensa a viceportavoz dos socialistas galegos, Carmen Gallego.
O PSdeG rexistrou no Parlamento varias iniciativas para esixir “un plan de medidas urxentes para que as persoas que están en lista de espera sexan atendidas, porque as listas de espera só baixan polo falecemento dos dependentes que están nelas”.
“As cifras amosan que as solicitudes de dependencia e as persoas con dereito a prestación nos últimos anos están por debaixo en termos porcentuais da media do Estado, e nunha comunidade tan avellentada como Galicia iso só se explica polo feito de que as persoas renuncian a facer a solicitude ao consideralo moi difícil”, afirmou Gallego.
“Coñecíamos as listas de espera, ou o que se chama como limbo da dependencia, sabíamos dos retrasos na obtención das prestacións e da lentitude de entrada no sistema das persoas co dereito recoñecido, pero agora dende o ano 2012 descenden tamén as persoas beneficiarias de prestacións”, engadiu.
A deputada socialista lamenta que “en Galicia o gasto público en materia de dependencia está por debaixo do 90% da media estatal e o incremento dos orzamentos da Xunta en gasto social están un 82% por debaixo do resto das comunidades”.
“Feijóo ten que deixar de mentir, desmantela a Lei de Dependencia e non fai fronte aos recurtes de Rajoy como fan noutras comunidades, aquí os incrementa e os socialistas esiximos que equipare o gasto medio por habitante en materia de política social ao que hai no resto de España”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar