Os socialistas consideran “improvisada, inútil e carente de rigor” a proposta do Partido Popular para reformar o Consello de Contas

Os socialistas consideran “improvisada, inútil e carente de rigor” a proposta do Partido Popular para reformar o Consello de Contas

Os socialistas consideran “improvisada, inútil e carente de rigor” a proposta do Partido Popular para reformar o Consello de Contas

Méndez Romeu PlenoOs socialistas galegos rexeitaron no pleno do Parlamento a proposición non de Lei impulsada polo Partido Popular para reformar o Consello de Contas. “A súa proposta é improvisada, inútil e carente de rigor, a loita contra a corrupción é un obxectivo de todos pero este texto é infumable”, afirmou o portavoz do PSdeG na Cámara, José Luis Méndez Romeu.

Na súa intervención no debate de toma en consideración da proposición do PP, Méndez Romeu lembrou “o conto O xardín dos sendeiros que se bifurcan, de Jorge Luis Borges, no que un chinés fuxía perseguido por un irlandés, xa que o Partido popular plantexa una reforma que é unha fuxida cara adiante para aparentar que se fai algo en materia de corrupción”.

“Presentan vostedes unha reforma para agochar os escándalos de financiamento ilícito ou os cursos de formación e ninguén mellor que un ex conselleiro para evitar investigacións incómodas, a persoa que por certo era o secretario xeral do PP cando Pablo Crespo organizaba un fraude fiscal a gran escala coñecido por todos”, manifestou.

O portavoz dos socialistas galegos rexeitou que “un órgano controlado polo Goberno sirva para loitar contra os casos de corrupción, esta proposición non de lei é unha simple apariencia, unha reforma que nin sequera foi revisada polo Consello Consultivo”.

“Hai que dicirlle algo máis aos cidadáns, que non esperan propostas ineficaces e sen rigor, apoiar esta proposición non de lei sería contribuír á confusión, a sociedade quere medidas contundentes e organismos de control independentes”, rematou Méndez Romeu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar