Os socialistas consideran "extremadamente cínica" a solicitude de Investigación por parte do PP

Os socialistas consideran "extremadamente cínica" a solicitude de Investigación por parte do PP

Os socialistas consideran "extremadamente cínica" a solicitude de Investigación por parte do PP

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, tildou hoxe de “cinismo político” a solicitude de Comisión de Investigación das Caixas por parte do PP logo de ter paralizado as peticións formuladas polos socialistas durante nove meses para impedir a investigación ata despois das eleccións autonómicas por un “mero interese electoral”.

O responsable socialista considera “unha lamentable política de xestos para a galería” que o PP teña solicitado o órgano antes de ter sido constituídos os grupos parlamentarios e de comezar o período de sesións. Sinalou que o PP “quere tender unha cortiña de fume para agochar que Feijóo non foi quén de afrontar unha fusión fallida cun enorme custe social e económico para Galicia”

Desafía aos “populares” a que “demostren si poden o seu suposto interese nesta investigación esixíndolle ao presidente da Xunta –agora en funcións- que dea conta na Cámara do seu aval ao proceso de fusión fracasada e asuma responsabilidades políticas”.

Así mesmo, reclamoulles que presenten a auditoría elaborada por KPMG “que supostamente avalaba o proceso e que foi utilizada e agochada pola Xunta de Feijóo”. Lembrou que segundo a Xunta esta auditoría “aseguraba a viabilidade do proceso cun investimento de 1.000 millóns de euros e xa nos ten custado 9.000 millóns de euros de diñeiro público”.

Explicou que a Xunta debe aclarar tamén o seu papel nesa “fusión fallida” e na concesión de indemnizacións millonarias aos ex directivos que, de acordo coas súas declaracións diante da xustiza, “todo parece indicar que a Xunta as coñecía”.

Esixiulle así ao xefe do Executivo autonómico que “dea a cara” logo dun proceso fracasado que provocou que “os galegos e galegas pasáramos de ter dúas entidades financeiras a non ter ningunha”.

O responsable socialista acusou a Feijóo de “obstaculizar” a investigación dende hai mais dun ano mentres mantiña agochada a auditoría elaborada por KPMG con diñeiro público e que “supostamente avalaba o proceso de fusión” nun “exercicio de absoluta falla de hixiene democrática”.

Sinalou que o PP bloqueou sistematicamente esta investigación malia que dous anos despois da fusión, logo de nove meses de que o PP rexeitara as peticións do PSdeG-PSOE para constituír a Comisión, e logo de que o presidente da Xunta comprometera a súa posta en marcha, o PP a mantivo bloqueada durante un mes para finalmente decaer polo adianto das eleccións autonómicas por parte de Feijóo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar