Os socialistas consideran "excesivos" os trámites para optar ao ticket eléctrico social, "unha axuda irrisoria de só 45 euros"

Os socialistas consideran "excesivos" os trámites para optar ao ticket eléctrico social, "unha axuda irrisoria de só 45 euros"

Os socialistas consideran "excesivos" os trámites para optar ao ticket eléctrico social, "unha axuda irrisoria de só 45 euros"

Carmen GallegoOs socialistas galegos consideran “excesivos e redundantes” os trámites e a documentación que a Xunta esixe aos cidadáns para optar ao ticket eléctrico social, “xa que estamos a a falar dunha axuda irrisoria e cativa de 45 euros”.

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) publicou o pasado 22 de xullo a resolución pola que se regulan e se convocan as axudas económicas para o pagamento de parte da factura eléctrica, a través do ticket eléctrico social.

Esta convocatoria explica que son axudas para as familias con fillos menores a cargo cuxos ingresos anuais non superen o IPREM (6.390 euros anuais), e a contía son 45 euros. As solicitudes deben tramitarse por vía telemática por parte das persoas solicitantes ou/e coa colaboración dos servizos sociais dos concellos.

“Para unha axuda de 45 euros solicítanse, ademais de cumprimentar os modelos oficiais que acompañan á resolución, empadroamento, informe dos servizos sociais, facturas da electricidade, libros de familia, documentos de identidade, certificados de convivencia, contratos de arrendamento e, se fose o caso, o consentimento para que as administracións poidan solicitar outros documentos acreditativos da súa situación”, explica a viceportavoz dos socialistas, Carmen Gallego.

En opinión dos socialistas, “parece a todas luces excesiva e redundante a documentación solicitada, que xera dificultades na xestión destas cativas axudas as persoas beneficiarias, sobrecarga de traballo aos xa de por si saturados servizos sociais dos concellos e tamén complicará a resolución das mesmas para os servizos centrais do propio Inega”.

Ante esta situación, o PSdeG presentou unha pregunta no Parlamento para a súa resposta oral en pleno na que cuestionan ao Goberno galego si realmente é necesario presentar toda a documentación requerida, á marxe de considerar pírrica a axuda para as familias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar