Os socialistas consideran "desfachatez" que a Xunta fale de obesidade cando os nenos e nenas "pasan fame" en Galicia

Os socialistas consideran "desfachatez" que a Xunta fale de obesidade cando os nenos e nenas "pasan fame" en Galicia

Os socialistas consideran "desfachatez" que a Xunta fale de obesidade cando os nenos e nenas "pasan fame" en Galicia

Carmen Acuña denuncia que a conselleira de Sanidade “utiliza os problemas de malnutrición infantil para agochar o seu reincidente nepotismo” ao colocar ao seu marido como xefe de servizo

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou hoxe a “desfachatez” da conselleira de Sanidade ao comparecer hoxe no Parlamento para falar de obesidade infantil cando os nenos e nenas “pasan fame” en Galicia. A responsable socialista acusou á conselleira de utilizar este problema “para agochar o seu reincidente nepotismo”.

Acuña advertiu que a titular de Sanidade emprega a malnutrición infantil como “manobra de distracción” fronte ao nomeamento por segunda vez do seu marido como xefe de servizo no Hospital de Santiago coa complicidade de Feijóo e contravindo a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Denunciou o “desprezo á xustiza e á profesión médica para utilizar a sanidade pública como a súa finca particular”.

A deputada socialista criticou a comparecencia da conselleira por “extemporánea” e cualificouna de “tráxica burla” cando “do que hai que falar é de que hai nenos e nenas que están pasando fame” malia que Feijóo “se empeñe en negar a pobreza infantil”. Lembrou que hoxe en Galicia hai 13.000 nenos e nenas que viven en fogares onde ningún membro ten traballo remunerado”.

Lembrou que “Europa, Cáritas, a Cruz Vermella, o Valedor do Pobo e a propia rúa están sumamente preocupados pola malnutrición infantil”, cando “está demostrado que o 17 por cento dos nenos e nenas que viven baixo o limiar da pobreza sofren obesidade”. Esta taxa duplica á dos que non teñen dificultades económicas, e sinalou que “imos ter case tanta obesidade por falla de recursos económicos como por exceso de chuches”.

Puntualizou que a pobreza supón mala calidade na alimentación, non poder tomar a diario froita e verduras e descubrir que “é mais doado e mais barato comer un plato de pasta, pan e patacas que un filete”. Recomendoulle que “si realmente quere facer algo pola malnutrición infantil súmese á investigación do Valedor e logo poñan medidas para solucionar o problema”.

Comedores escolares

Acuña denunciou que mentres hai menores que “con sorte só poden facer unha comida ao día, no comedor escolar”, mentres Feijóo incrementa as tarifas de comedor nun 40 por cento”. Esixiulle ao goberno galego que “non se limiten a buscar remedio para a obesidade do neno e a nena rica, sería inxusto, ineficaz e non estaría axustado ás necesidades reais”.

A responsable socialista reclamou a rebaixa do prezo dos comedores escolares, facilitando o acceso aos mesmos e manténdoos abertos fora do curso escolar “para que os nenos e nenas que o necesiten poidan seguir comendo”.

Sinalou que “na Galicia de Feijóo en torno ao 20 por cento da poboación está por debaixo do limiar da pobreza, temos 650.000 persoas en situación de exclusión social e, delas, 120.000 xa padecen pobreza severa”. Ademais, de acordo con Eurostat, España está á cabeza dos países europeos en pobreza infantil, só por detrás de Romanía, que o 25 por cento dos menores de 16 anos sofren malnutrición pola crise, agravada pola xestión do PP.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar