Os socialistas consideran “claramente insuficiente” a suspensión dos altos cargos do Igape

Os socialistas consideran “claramente insuficiente” a suspensión dos altos cargos do Igape

Os socialistas consideran “claramente insuficiente” a suspensión dos altos cargos do Igape

O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Abel Losada, sinalou que a suspensión dos altos cargos do Igape resulta “claramente insuficiente” diante da situación que se ten aberto no organismo e na Xunta por mor da “Operación Campión”.

Logo de coñecer a decisión do conselleiro de Economía, Losada reiterou a petición de “cese ou dimisión” tanto do conselleiro como do director xeral do Igape, ademais de esixir que o presidente da Xunta “dea a cara diante de tódolos galegos e galegas para explicar qué pasa no seu Igape” tanto a nivel político como económico – funcional.

Considera “sorprendente que diante de tanto revuelo ninguén explicou nada máis alá de fogos de artificio”. Lamentou que o presidente da Xunta se teña limitado a facer “espuma mediática” pedindo a Presidencia que avalíe as axudas, anunciando o seu persoamento na causa e vertendo “dúbidas absurdas” sobre a condición de altos cargos dos implicados.

Dinamización económica descabezada

Losada advirte que ademais da dimensión política desta crise, o máximo responsable da Xunta de Galicia “debe atender tamén á súa dimensión económico – funcional, xa que agora temos descabezado o organismo de dinamización económica máis importante da Comunidade Autónoma”.

Considera “absolutamente lamentable” que ninguén dea a cara para explicar qué vai pasar cun organismo que xestiona máis de 300 millóns de euros de presuposto, co que “o presidente da Xunta debe ser consciente que está a provocar un dano irreparable en termos de desconfianza do empresariado e imaxe da Comunidade Autónoma”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar