Os socialistas consideran a Núñez Feijóo “partícipe a título lucrativo” da trama Gürtel ao beneficiarse “en Galicia destas prácticas corruptas”

Os socialistas consideran a Núñez Feijóo “partícipe a título lucrativo” da trama Gürtel ao beneficiarse “en Galicia destas prácticas corruptas”

Os socialistas consideran a Núñez Feijóo “partícipe a título lucrativo” da trama Gürtel ao beneficiarse “en Galicia destas prácticas corruptas”

Marisol SoneiraOs socialistas galegos consideran a Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta, “partícipe a título lucrativo” da trama Gürtel, “xa que cando chegou a Galicia beneficiouse destas prácticas corruptas”.

A deputada socialista Marisol Soneira presentou hoxe en rolda de prensa a batería de iniciativas rexistradas polo PSdeG como consecuencia do auto do xuíz Ruz. “Galicia tivo un papel importante pola actuación do ex secretario de Organización do PPdeG, Pablo Crespo, que hoxe mesmo está sendo xulgado por unha peza separada da Gürtel en Valencia”, manifestou.

“O PPdeG fixo trampa e cometeu irregularidades no seu financiamento, o conxunto do Partido Popular financiouse con cartos negros, non pagou impostos, financiou campañas electorais fora do que é a contabilidade oficial, pagou sobresoldos durante moitos anos aos membros da súa dirección nacional e, segundo Pablo Crespo, tamén en Galicia”, afirmou Soneira.

“O PP pagou reformas nas súas sedes con cartos negros, un partido que como grupo de goberno persegue o fraude fiscal pero despois son eles os que defraudan á Facenda pública”, apunta a socialista. “Nas páxinas 21 e 22 do auto, o xuíz sostén que o PPdeG aportou 26 millóns das antigas pesetas á caixa B e outro informe da Udef, que non figura neste auto, recolle a adquisición da sede de Pontevedra con cartos negros”, engade Soneira.

A deputada do PSdeG apuntou que “todos os seus xerentes do PPdeG desde Naseiro tiveron problemas coa xustiza e o secretario xeral dalgúns dos anos que se investigaron é agora a persoa que preside o Consello de Contas”.

“Feijóo ten que comparecer no Parlamento, cando nombrou responsable de Portos de Galicia a Carlos Negreira, caeu todo o mundo do consello de administración menos Pablo Crespo, por algo sería, o conxunto da cidadanía galega merece unha explicación”, manifesta.

“En calquera país do noso contorno, terían dimitido todos os responsables do partido implicados, as investigacións xudiciais confirman que o PPdeG foi unha peza fundamental do entramado corrupto, falamos dunha organización preparada no seu departamento económico para vulnerar a lei e os seus dirixentes beneficiáronse”, rematou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar