Os socialistas consideran a nova Lei do Solo un “severo retroceso” porque invade competencias municipais, desprotexe o rural e abre o camiño á destrución do territorio

Os socialistas consideran a nova Lei do Solo un “severo retroceso” porque invade competencias municipais, desprotexe o rural e abre o camiño á destrución do territorio

Os socialistas consideran a nova Lei do Solo un “severo retroceso” porque invade competencias municipais, desprotexe o rural e abre o camiño á destrución do territorio

Sánchez Bugallo presenta unha emenda de totalidade con texto alternativo ao ditame aprobado polo PP no Parlamento

Advirte que “o único que pode protexer ao noso territorio é que os bancos non están dando crédito para facer vivenda”

O portavoz de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, dixo hoxe que a proposta de nova Lei do Solo aprobada polo PP na ponencia parlamentaria constitúe un “severo retroceso”. Así o dixo logo de constatar que a norma invade competencias municipais, desprotexe o rural e abre de novo o camiño á destrución do territorio.

O deputado socialista fixo pública hoxe a emenda á totalidade cun texto alternativo presentada polos socialistas galegos para reclamar a retirada dunha Lei, a do PP e do goberno galego, que supón unha “versión reducida, empeorada e empobrecida da Lei de 2012, actualmente en vigor”. Advertiu que “o único que pode protexer ao noso territorio é que os bancos non están dando crédito para facer vivenda”.

Resumiu a oposición dos socialistas á nova norma explicando que “non pode ser que cada un faga unha casa onde lle pete”, xa que resulta “imposible de financiar a prestación de servizos, destroza o territorio e fai imposible adquirir chan para as explotacións agrarias”. En definitiva, a nova norma supón un “severo retroceso da que hoxe está en vigor”, malia que xa foi modificada 10 veces por parte da administración dende a súa aprobación en 2002.

Criticou que “mesmo agudiza os problemas de inseguridade xurídica” que xa padecían os concellos coa actual Lei, e lembrou neste sentido que non hai ningún Plan de Ordenación Municipal que teña comezado e rematado coa mesma norma, volvéndose “mais complexo facer un PXOM que cambiar a Lei. Explicou graficamente que “é como si nun partido de fútbol cambiaran as regras de xogo cada dez minutos”.

Sánchez Bugallo explicou que ao retirarlle a competencia aos concellos do solo rústico para concedérllelo á Comunidade Autónoma o que fai é “invadir as competencias municipais e desprotexer o rural”. Con esta decisión desaparece a protección do chan agropecuario, dificultando que os gandeiros poidan adquirir mais solo para as súas explotacións.

Lei á medida

Sánchez Bugallo dixo que esta reforma “non se fai gratis” e acusou ao goberno galego de facer unha norma “á medida de determinadas actuacións con serios problemas legais” buscando como único obxectivo a súa legalización. Por iso, dixo, volven á Lei de 1997 establecendo que o único requisito para edificar sexa ter unha parcela de 2.000 metros cadrados.

A Xunta permite, dixo, a proliferación de residencias xerándolle á administración unhas demandas “imposibles de atender” de servizos ás novas vivendas independentemente da súa ubicación, especialmente un ano antes da desaparición das axudas da UE precisamente para este efecto.

Advertiu da desaparición dos estándares de calidade, que establecían que os plans de ordenación urbana debían ter previsto un mínimo para que as novas construcións incorporaran colexios, centros de saúde ou zonas verdes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar