Os socialistas consideran a Lei de Arquivos do PP “un texto incompleto e inacabado, non recoñece os dereitos dos cidadáns e Galicia perde unha gran oportunidade”

caamañoOs socialistas lamentaron hoxe no pleno do Parlamento “a ocasión perdida” coa nova Lei de Arquivos de Galicia, “un texto incompleto, inacabado e que é a Lei de Arquivos do Partido Popular e non a Lei de Arquivos de Galicia”.

“A necesidade de regulación era obvia, pero o PP non cre na transparencia nin quere entrar en conflitos, o proxecto de Lei non recolle aspectos básicos co incomprensible argumento de que xa están recollidos noutros textos legais”, asegurou o deputado socialista Francisco Caamaño.

“Galicia necesita unha Lei de Arquivos apoiada por todos os partidos, as emendas da oposición eran maioritariamente sensatas e encamiñadas a especificar dereitos dos cidadáns ou a deixar clara a necesidade de que os arquivos permanezan en mans públicas”, afirmou.

Caamaño lamenta que a Lei “é un cheque en branco a decretos posteriores, o PP presenta un camiño escuro de trabas administrativas que dificulta o coñecemento do que hai nos arquivos públicos de Galicia, o texto recolle solucións antigas e pouco pensadas”.

Os socialistas presentaron 53 emendas aos 55 artigos dunha lei “que non recoñece dereitos nin o dereito do acceso á documentación existente, tampouco diferenza entre investigadores e non investigadores, e os socialistas, que nos abstivemos en todo o proceso de tramitación parlamentaria, mostramos hoxe a nosa oposición ao texto”.

“O texto deixa a porta aberta a unha denegación arbitraria no acceso aos arquivos e fala só de sancións leve no caso de rexeitar os dereitos dos cidadáns no acceso a documentación de interese”, engadiu Caamaño.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar