Os socialistas consideran a defensa da lingua “unha responsabilidade colectiva, o galego ten que recuperar o protagonismo que nunca debeu perder”

pilar_cancelaA secretaria de Organización dos socialistas galegos, Pilar Cancela, asinou hoxe en Santiago en nome do PSdeG un manifesto impulsado pola Mesa pola Normalización Lingüística en defensa da lingua galega.
“A lingua é unha responsabilidade colectiva, o galego ten que recuperar o protagonismo que nunca debeu perder”, manifestou Cancela no acto de sinatura da ‘Declaración de unidade a prol da normalización da lingua galega’, celebrado hoxe diante da estatua de Rosalía de Castro na Alameda de Compostela.
“Os orzamentos para a normalización e impulso do galego caeron de 21 a 6,7 millóns de euros desde o ano 2009”, apuntou a secretaria de Organización do PSdeG, nun acto no que estiveron presentes as principais forzas políticas de Galicia e numerosos colectivos sociais.
O manifestó aposta por “unha nova etapa que sexa unha garantía de futuro para a lingua galega”, deixando atrás o seu retroceso nos últimos anos. Ademáis de Pilar Cancela, asistiron ao acto o secretario de Xuventudes Socialistas de Galicia, Aitor Bouza, e outros cargos do PSdeG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar