Os socialistas consensuarán con patronal e sindicatos un plan de reindustrialización de Galicia e advirten da perda de “51.600 empregos no sector desde a chegada de Feijóo”

Os socialistas consensuarán con patronal e sindicatos un plan de reindustrialización de Galicia e advirten da perda de “51.600 empregos no sector desde a chegada de Feijóo”

Os socialistas consensuarán con patronal e sindicatos un plan de reindustrialización de Galicia e advirten da perda de “51.600 empregos no sector desde a chegada de Feijóo”

regadesOs socialistas galegos consensuarán con patronal e sindicatos un plan para a reindustrialización de Galicia, co obxectivo de recuperar un sector estratéxico que perdeu máis de 50.000 postos de traballo desde o ano 2009.

“A innovación, a loxística, a mellora do financiamento das empresas e o incremento da demanda interna serán os piares da nosa axenda para a industria”, asegura o portavoz de Industria dos socialistas no Parlamento, Abel Losada, que anunciou o plan en rolda de prensa xunto ao responsable de Industria do PSdeG, David Regades.

Antes, ambos participaron na primeira xuntanza para elaborar un documento de traballo, na que tamén participaron a secretaria de Organización, Pilar Cancela, o portavoz parlamentario, José Luis Méndez Romeu, e cargos públicos e orgánicos do partido responsables de Industria.

“A Xunta non ten un plan industrial para Galicia, os datos oficiais recollen que o sector conta con 159.200 traballadores na comunidade autónoma, o que supón unha redución de 51.600 empregados desde a chegada de Feijóo”, afirmou Regades, que cualificou de “dramático” que o emprego industrial retrocedese aos niveis do ano 1997.

“Teremos un documento de traballo serio para compartir cos sindicatos, cos empresarios e co conxunto dos traballadores, un plan baseado no I+D, nun mellor aproveitamento dos recursos enerxéticos, potenciando a relación con Portugal e creando unha ferramenta fiable para a creación de emprego”, manifestou o responsable de Industria da Executiva do PSdeG.

Pola súa parte, Losada lamentou “a escasa eficacia da axenda industrial da Xunta, que non é máis que a historia dun fracaso”, lembrando a mala evolución do Índice de Produción Industrial (IPI) e considerando prioritarios o naval, a automoción, o eólico e o textil galego.

Losada criticou a escasa execución orzamentaria das partidas destinadas a mellorar a industria galega (documentos adxuntos) e manifestou a súa confianza en que a axenda de traballo para o sector dos socialistas “servirá para rebaixar as cifras de paro xuvenil”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar