Os socialistas conseguen que o Parlamento aprobe un asentamento definitivo para o Ateneo de Ourense

Os socialistas conseguen que o Parlamento aprobe un asentamento definitivo para o Ateneo de Ourense

Os socialistas conseguen que o Parlamento aprobe un asentamento definitivo para o Ateneo de Ourense

A deputada socialista Noela Blanco defendeu esta mañá a necesidade de dotar ao Ateneo de Ourense, antes de que remate o ano 2017, dun espazo de titularidade pública axeitado para que continúe coa súa actividade sen ánimo de lucro. A iniciativa foi aprobada de xeito unánime polo Parlamento de Galicia.

Blanco lembrou que xa no ano 2016 os socialistas lograran o compromiso do Goberno galego de dotar á entidade dun “asentamento definitivo”, abrindo “unha porta de esperanza para a directiva do Ateneo”, polo que pediu á Xunta “altura de miras” para pór fin canto antes ó seu “futuro incerto”.

Solicitou que esta xestión se realice “de maneira urxente” para que esta entidade, “históricamente defensora da cultura e as liberdades”, non teña que facer fronte a un novo desaloxo, recordando que a Xunta actuou con “complicidade” no desafiuzamento que sufriu en 2011 “froito de intereses urbanísticos e económicos”.

A deputada socialista recordou que o goberno galego é o culpable de que un “símbolo da vida social e cultural” faga fronte leve anos obrigado a “bracear” para non desaparecer.

“Aos ourensáns e ourensás resultaríanos difícil entender a vida social, cultural e política da cidade sen unha entidade coma o Ateneo, que foi dende os seus inicios un verdadeiro reduto para debater en liberdade, e un referente de tolerancia e diversidade” engadiu.

Patricia Torres

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar