Os socialistas condenan que o PP impida a comparecencia de Feijóo sobre o tax lease a as accións para salvar o sector naval

Os socialistas condenan que o PP impida a comparecencia de Feijóo sobre o tax lease a as accións para salvar o sector naval

Os socialistas condenan que o PP impida a comparecencia de Feijóo sobre o tax lease a as accións para salvar o sector naval

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez, recriminou ao Grupo Popular que votara en contra da comparecencia do Presidente da Xunta para analizar a situación na que queda o sector naval galego despois da decisión do Colexio de Comisarios da Unión Europea, esixindo a devolución das axudas de "tax lease" entre os anos 2007 e 2011 e as posibles medidas a adoptar por parte dos gobernos de Galicia e España para, “como no conto de Andersen, non se vexa ao rei espido”, para ocultar que o Presidente da Xunta non ten nin propostas, nin alternativas, nin argumentos, para afrontar o risco de desaparición que se cerne sobre o sector naval.

Para o socialista, o Presidente Feijóo fuxe do debate sobre un tema “tan importante para a economía galega”, como con anterioridade, na mesma Deputación Permanente, eludira o debate sobre o presunto financiamento irregular do PP.

O portavoz socialista recriminou ao portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, pola postura do seu grupo, xa que, do que se trata é de “pasar páxina”, pois, insistiu Méndez, desde o pasado día 18 estamos noutro escenario. Afirma que o Goberno pode e debe recorrer, dixo en relación ano anuncio feito polo ministro de Industria, José Manuel Soria. Pero “iso non debe ser escusa para que o Goberno dea resposta aos demais frontes” que afronta o sector naval.

Preguntouse Méndez Romeu polas actuacións do Goberno galego, do Presidente da Xunta para conseguir investidores que estruturen o mecanismo de financiamento preciso para acadar contratación. Reprocha ao ministerio de Facenda a falta de claridade, o que afecta á decisión dos investidores.

O naval galego era moi importante en España, afirmou Méndez que reprochou aos populares que, desde que gobernan, “xa non é tan importante”. Vai perdendo cuota de mercado e noutros territorios estanse a mover máis de presa. “Qué plan de futuro manexa o Goberno para garantir a viabilidade do sector?”, preguntouse o portavoz socialista.

Lembrou aos populares o apoio expreso que o Partido Socialista dou ao Goberno no Parlamento e no Congreso, “temos dereito a recibir unha explicación do estado da cuestión e da acción do Goberno”, esixiu Méndez. Non é “un comportamento gracioso que outorga este monarca”, dixo continuando coa referencia ao conto do autor danés.

“Inexorablemente o Goberno terá que comparecer”, predixo Méndez, como o fixo nas catorce veces anteriores na presente lexislatura. Farao con atraso e cun escenario máis difícil. “Non se está a facer todo o posible e todo o necesario” por parte do Goberno galego co sector naval, dixo.

O Goberno de Feijóo “foi e é indiferente coa crise industrial, pasivo diante da destrución de emprego, e inactivo diante da grave situación da construción naval”, acusou Méndez Romeu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar