Os socialistas condenan que a TVG dedique menos minutos a programas culturais que á programación da confesión católica

Os socialistas condenan que a TVG dedique menos minutos a programas culturais que á programación da confesión católica

Os socialistas condenan que a TVG dedique menos minutos a programas culturais que á programación da confesión católica

Na Comisión de control, Concepción Burgo recriminou a Sánchez Izquierdo que desde a súa chegada desapareceran todos os programas culturais postos en marcha cando gobernaba Touriño. Tamén desapareceu o departamento de Cultura, creado en 2005.

A parlamentaria socialista, Concepción Burgo, ven de recriminar ao Director Xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, a súa responsabilidade sobre a supresión do departamento de Cultura na TVG, creado en 2005, con Touriño na Presidencia do Goberno galego, así como da paulatina retirada dos programas culturais que se crearon e emitiron durante o bipartito coincidindo coa chegada de Feijóo á titularidade do Executivo en 2009.

A deputada do PSdeG recordou a Sánchez Izquierdo que é unha obriga da compañía defender a lingua, a cultura e a identidade cultural de Galicia. Este cometido, insistiu Burgo, “é a propia xustificación de ter unha radio e unha televisión pública galega”.

crtvg03A portavoz socialista citou unha serie de programas que foron creados por profesionais da CRTVG e que desapareceron sen razón evidente. Algúns foron substituídos, para logo desaparecer tamén os programas de relevo. Na actualidade, a presenza de programas culturais relégase á segunda cadea da TVG, agás os de carácter informativo.

Zig Zag Diario pasa a ser o único programa informativo cultural de emisión diaria. A esta emisión engádese a Axenda do TX Serán a “aparición” por un minuto de Cada día un libro. En definitiva, denuncia Burgo que se destina máis tempo á programación relixiosa da confesión católica que á Cultura de Galicia.

A parlamentaria socialista manifestou o desacordo do seu grupo coa presenza da Cultura na CRTVG e reprochou ao seu director xeral que a defensa da lingua e a cultura non pode quedarse nunha mera declaración de principios.

Expresou a convicción dos socialistas galegos de que os creadores merecen un espazo na TV e na radio “pagada cos impostos de tódolos galegos” e que desde a mesma 2se lles dea un pulo”. Burgo salientou que hai unha industria cultural que necesita apoio e censurou que, por exemplo, a edición ocupe tan só un minuto na grella de programación, cando a TVG “pode dar un importante impulso no só ás editoriais, senón tamén ás librerías e cóbreno cun minuto”.

O Director Xeral da CRTVG recoñeceu que que ninguén cumpre todo o que quixera, pero Brugo non aceptou que sexa precisamente unha obriga fundamental recollida na lei de creación do ente.

Burgo valorou o papel informativo do ZigZag Diario, pero “debera haber programas con outro formato”. Para a deputada socialista a CRTVG debera contribuír a crear público e este créase estudando en termos divulgativos, presentando de maneira atractiva contidos culturais. Animou ao director xeral a recuperar ou impulsar novos contidos, xa que a época do goberno de Touriño demostrou que se poderían facer con profesionais da casa.

Lamenta Burgo a “desidia” do Goberno, da Compañía e do Director Xeral da CRTVG cos programas culturais, “non interesan”, dixo. Lembroulle a Sánchez Izquierdo que para unha gran parte das galegas e dos galegos a única maneira de coñecer e entrar na nosa cultura é a través deste medio público.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar