Os socialistas condenan a falta de transparencia da Xunta na xestión da extinción dos lumes forestais

Os socialistas condenan a falta de transparencia da Xunta na xestión da extinción dos lumes forestais

Os socialistas condenan a falta de transparencia da Xunta na xestión da extinción dos lumes forestais

O portavoz de agricultura, Pablo García, defendeu en Pleno unha interpelación ao Goberno galego pola que vistas as modificiacións orzamentarias, respecto da prevención e extinción de incendios para o ano 2013, e a falla de información ao respecto, os socialistas se interesan polas modificacións operativas que pensa facer a Consellería de Medio Rural e do Mar con respecto ao despregue do dispositivo de prevención e extinción de incendios no ano 2013.

Tamén preguntou o deputado polas medidas concretas que pretende o Goberno que aborden os concellos na campaña contra o lume de este anos e as medidas que está a tomar a Xunta, de información e coordinación cos concellos.

A resposta da Conselleira non conseguiu satisfacer ao deputado socialista que recriminou á representante do Goberno non ter presentado ata agora o Plan de Prevención de lumes (Pladiga), en lugar de facelo no mes de febreiro, cando correspondería en aras da eficacia. Pero, apuntou García, “por esas datas a televisión non é quen de previr se vai ou non vai haber lumes no monte”, en alusión a unha estratexia mediática da consellería, “que agora pretende empaquetar este problema aos municipios”.

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista acusou ao Goberno Feijóo de non crer na prevención, e polo tanto, “este é o motivo polo que non presentan o plan, non o consideran nin eficaz nin útil”.

O parlamentario socialista ofreceu consenso á titular de Medio Rural en materia de lumes forestais, que provocan un desastre medioambiental, paisaxístico e económico moi grave. Pero para isto, García esixiu a Quintana “transparencia”.

O deputado comprometeuse a non botar nunca por diante nin hectáreas nin desgracias persoais que puideran ocorrer, e esixiu da conselleira transparencia sobre todos os incendios que se produzan, puntual e veraz. Isto non impide que sacara como exemplo a xestión informativa do lume nas Fragas do Eume consistente, “como nos últimos 20 anos”, en dicir que “isto é un drama, votarlle a culpa a un “desalmado”, aínda que despois as investigacións digan que para nada houbo intencionalidade, e presentarse no lugar cun plan de rexeneración e logo non hai plan nin nada”.

Así tamén esixe transparencia respecto dos medios que son necesarios para a extinción. Neste sentido García reprochou á titular de Medio Rural ter alugado uns vehículos que “nin cumpren a normativa nin o prego de condicións”.

Tamén reclamou García poñerse de acordo en canto ao funcionamento. “Non se pode presentar co Pladiga elaborado e buscar despois o acordo”, recriminoulle a Quintana.

Buscou tamén o deputado socialista o motivo polo que se fragmenta a contratación para a extinción, recordando que se empregou o procedemento negociado para contratar a unha mesma empresa 12 millóns de euros. Por riba, sinala García, este procedemento sae mais caro, como puideron comprobar os socialistas dos orzamentos que presenta a Xunta nos xuízos por incendios provocados.

Pregúntase o parlamentario as razóns de optar pola contratación a través de Natutecnia cando os seus operarios saen máis caros que os da Xunta, onde existen vacantes. Atopa a razón o socialista na opción do Goberno galego polo modelo privatizador de Castela León en lugar do seguido por Asturias, aínda que para os socialistas “existe un maior parecido de Galicia con esta última comunidade”, no relativo a problemática de incendios forestais.

Pablo García advertiu á conselleira que a actuación da Xunta no relativo ao lume forestal a sitúa “enriba dunha bomba” e esperou que “o tempo sexa benévolo”, para evitar un desastre durante o verán.

zp8497586rq

32641281A

Pechar