Os socialistas conceden un “suspenso sen paliativos” á Xunta polo fracaso na implantación do sistema de contratos lácteos

Os socialistas conceden un “suspenso sen paliativos” á Xunta polo fracaso na implantación do sistema de contratos lácteos

Os socialistas conceden un “suspenso sen paliativos” á Xunta polo fracaso na implantación do sistema de contratos lácteos

Pablo García acusa á conselleira de Medio Rural de devolver aos produtores “ao punto de partida” deixándoos a expensas da industria diante da desaparición do sistema de cotas

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, deulle hoxe un “suspenso sen paliativos” á conselleira de Medio Rural polo seu “enésimo fracaso” na implantación dun sistema de protección dos prezos do leite. García acusou ao goberno de Feijóo de ter desaproveitado o ano e medio de prezos elevados para protexer aos produtores de leite galegos.

O responsable socialista criticou que a Xunta teña desatendido as recomendacións da UE para protexer estes prezos fronte á desaparición do sistema de cotas, co que sitúa aos produtores a expensas da industria e competindo co resto de países que si apoian aos seus produtores. Lembrou que onte rematou a campaña do leite e os gandeiros e gandeiras afrontan agora a que será a última campaña co anterior sistema.

García acusou ao goberno galego de ter feito caso omiso das propostas da Unión Europea, que primaba que os gandeiros e a industria asinaran contratos de abastecemento de mais de un ano de duración. O resultado, dixo, foi que Galicia conte con só 6 contratos de mais de un ano de duración, fronte aos 6.090 de menos de tres meses e os 2.500 de entre 9 e 12 meses.

Golpes no peito

Criticou que Feijóo, en lugar de apoiar ao sector e normalizar esta modalidade de contratos, “non fixo mais que darse golpes no peito satisfeito por uns prezos altos derivados da conxuntura internacional”. En lugar de aproveitar o ano e medio favorable para protexer aos gandeiros das oscilacións nos prezos, agora volven “ao punto de partida, desprotexidos fronte á industria”

O responsable socialista esixiulle ao goberno galego que prime aos produtores galegos para que poidan competir en igualdade de condicións cos prezos do leite do resto dos membros da UE. Advertiu que o desleixo do goberno galego provoca que á hora da verdade, cando os prezos volven baixar, o leite galego teña que enfrontarse a produtores comunitarios que chegan respaldados polos seus respectivos gobernos.

García acusou a Feijóo e á conselleira de Medio Rural de “facer o mesmo que coa flota de cerco, estar meses dicindo que todo está ben para que despois descubramos que nada do que dicía era verdade”.

Alimentos Lácteos

Pablo García denunciou ademais que a Xunta leve meses sen explicar o “fiasco” de Alimentos Lácteos, logo de investir preto de 8 millóns de euros procedentes dos fondos públicos nunha empresa que ao seis meses da súa fundación estaba en quebra técnica.

Criticou que a Xunta continúe escatimando ao Parlamento a documentación sobre esta empresa e a concesión de axudas procedentes de Xesgalicia, e sinalou que “agora a lo menos sabemos que tampouco lle quere entregar a documentación ao xulgado” que está a investigar o asunto.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar