Os socialistas comprométense a seguir traballando para rematar coa inxustiza que están a padecer os pensionistas emigrantes retornados

Os socialistas comprométense a seguir traballando para rematar coa inxustiza que están a padecer os pensionistas emigrantes retornados

Os socialistas comprométense a seguir traballando para rematar coa inxustiza que están a padecer os pensionistas emigrantes retornados

emigrantesO Partido Socialista comprometeuse a seguir loitando para corrixir a situación de inxustiza que están a padecer os pensionistas emigrantes retornados, tanto para lograr que as devolucións das sancións impostas sexa de oficio, como para impulsar a nivel galego, español e europeo que remate a dobre imposición e se recoñezan as minusvalías.

Así o manifestaron os membros do Partido Socialista nun encontro mantido esta mañá en Santiago con colectivos de emigrantes retornados pensionistas, no que estiveron presentes o eurodiputado José Blanco; a secretaria de Pensións Públicas, Margarita Iglesias; o secretario de Movementos Sociais, Iván Puentes; a portavoz de Política Social no Parlamento de Galicia, Camen Gallego; a senadora Paula Fernández e a parlamentaria nacional Laura Seara.

No encontro, valorouse que, tal e como reclamaba a declaración aprobada unánimemente no Parlamento Galego por iniciativa do PSdeG, que o Goberno se comprometera a devolver aos pensionistas que xa pagaran as sancións, pero censurouse o “absurdo” do sistema posto en marcha: a devolución debería ser de oficio e non a petición de cada pensionista, porque vai provocar que moitos non cheguen a reclamar o que se lles cobrou.

Ademais, coincidiuse na necesidade de que queden exentos de sancións e intereses de demora tamén os pensionistas que estean a percibir, ademais da pensión do estranxeiro, unha contía por seguros privados que moitos países suscribían obrigatoriamente.

Desde o punto de vista dos socialistas, o Goberno está aplicando unha dobre vara de medir: aos defraudadores abriulles a vía da amnistía fiscal, e aos pensionistas retornados unha vía de auga que agora non acaba de taponar por falta de vontade política.

Armonización fiscal
Os representantes dos pensionistas tamén puxeron sobre da mesa a necesidade de harmonizar a lexislación fiscal de todos os países que forman parte da UE para evitar agravios comparativos no pago de impostos así como a necesidade do recoñecemento das minusvalías, dado que en moitos países teñen recoñecidas minusvalías en graos de 70% ou máis e ao chegar a España non se conservan eses porcentaxes e, polo tanto, non se benefician das exencións fiscais ás que terían dereito se se lles recoñecera esa incapacidade.

A este respecto, os socialistas informaron de que xa presentaron iniciativas no Parlamento Europeo para denunciar esta situación e para solicitarlle á Comisión Europea que adoptara medidas para evitar que se produzan discriminacións na UE no tratamento fiscal das prestacións sociais.

O obxectivo é que exista un marco europeo para evitar a dobre imposición aos emigrantes retornados e posibilitar o establecemento de convenios entre os Estados membros ou, no seu caso, a adaptación dos convenios existentes e que haxa claridade a través dun documento homologado sobre as retencions practicadas no país membro que dá orixe á pensión e evitar situacións de dobre imposición.

Así mesmo, para que se atenda axeitadamente a discapacidade. Hai que lograr un sistema único para recoñecer a discapacidade e evitar así ter que someterse a novos recoñecementos en función dos distintos países e o Partido Socialista presentará iniciativas a este respecto dado que é de xustiza buscar solucións a esta situación, máis grave aínda en tempos de grave crise.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar