O PSdeG comeza o curso político "moi centrados nas necesidades e problemas das persoas”, non só “nos intereses electorais como fai o PP”

O PSdeG comeza o curso político "moi centrados nas necesidades e problemas das persoas”, non só “nos intereses electorais como fai o PP”

O PSdeG comeza o curso político "moi centrados nas necesidades e problemas das persoas”, non só “nos intereses electorais como fai o PP”

O portavoz do PSdeG no Parlamento, José Luis Méndez Romeu, asegurou hoxe que os socialistas galegos comezan o curso político “moi centrados nas necesidades e problemas das persoas”, non só “nos intereses electorais como fai o PP”.

Méndez Romeu lamentou que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e o da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “non falaran onte en Soutomaior da economía real das persoas ou da situación en Galicia, incluso Rajoy falaba despectivamente do hábito de falar das desgrazas”.

En opinión do portavoz socialista, “os últimos datos do PIB e do mercado laboral son moi preocupantes, en Galicia camiñamos a unha desaparición real como país con capacidade para dirixir a economía e deseñar o seu futuro”.

“Rajoy e Feijóo encastilláronse onte pero pasaron de longo de cuestións relevantes, mentres a UE toma decisións distintas ás que falaron Rajoy e Merkel hai uns días en Santiago; os intereses Goberno de España non foron atendidos”, manifestou ante os medios de comunicación.

Romeu referiuse tamén á mellora da calidade democrática que defende o PP, “pero cando Feijóo asegura que nunca gobernarán se non son a lista máis votada, non sei se pensaba en Santiago, xa que aquí gobernan con persoas non electas e xa levamos tres relevos na corporación nesta lexislatura”.

Con respecto á reforma electoral, o portavoz do PSdeG na Cámara apuntou que “levan un mes falando dunha reforma pero non se coñece texto ningún, non hai proposta seria para debater cun mínimo de rigor”. Os socialistas demandan que “a reforma das normas electorais como parte do bloque constitucional chegue con consenso e non para beneficio único de quen a promove”.

Por último, falou da proposta de reforma da Constitución para reducir os aforados: “Pedro Sánchez, na súa primeira reunión con Rajoy, xa propuxo abrir o mecanismo para reformar a Constitución, pero aquí tamén debe haber consenso, diálogo e puntos de encontro”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar