Os socialistas centrarán o próximo Pleno do Parlamento na "corrupción estrutural" do PP e da Xunta

Os socialistas centrarán o próximo Pleno do Parlamento na "corrupción estrutural" do PP e da Xunta

Os socialistas centrarán o próximo Pleno do Parlamento na "corrupción estrutural" do PP e da Xunta

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, anunciou hoxe que o próximo Pleno do Parlamento incluirá ata catro iniciativas de control impulsadas polos socialistas galegos sobre a “corrupción estrutural” que abrangue ao PP e ao goberno galego, tal e como veñen de revelar as últimas investigacións xudiciais.

Méndez Romeu explicou que a súa pregunta ao presidente na sesión de control da Xunta centrarase precisamente nas supostas vantaxes económicas que conseguen os seus amigos persoais. Considerou “imprescindible” que Feijóo “disipe as dúbidas sobre un suposto trato de favor a conseguidores e abreportas” do seu entorno mais íntimo e que mesmo “parecen ser inquilinos habituais da residencia oficial de Monte Pío”.

O próximo Pleno incluirá tamén unha interpelación para que o dar conta das declaracións do presunto responsable da trama investigada na Operación Zeta, o empresario coruñés e militante do PP Gerardo Crespo, sobre o suposto pago de sobresoldos e trato de favor a amigos persoais de Feijóo. Tamén pedirán explicacións polo pago en B da sede do PP de Pontevedra, revelado pola Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal da Policía.

O portavoz socialista reclamou unha explicación do goberno galego sobre estes casos de corrupción xeneralizada nos que “uns toleran, outros ordenan e uns terceiros executan” presuntamente para desviar fondos “para o financiamento dunha organización política, a comisión pertinente dos participantes e finalmente tamén para o lucro persoal dos implicados”.

Os socialistas galegos levarán estas cuestións ao Pleno logo de que o PP “abortara, impedira, votara en contra” da solicitude de comparecencia do presidente da Xunta presentada polos socialistas galegos para dar conta da vinculación dos seus amigos persoais coa trama e da conselleira de Traballo e Benestar pola implicación do seu departamento no amaño na concesión de axudas por cursos de formación.

Méndez Romeu salientou que mentres o PP veta as iniciativas da oposición e bloquea a Comisión de Estudo da Corrupción, convoca a conferencia dun especialista italiano en prevención da corrupción o próximo venres no contexto da xuntanza da Conferencia de Asembleas Lexislativas de Europa –Calre- que se celebra esta semana no Parlamento. “mentres –lamentou-, e coa que está caendo, en Galicia trátase dun tema tabú”.

Política económica

O segundo eixo das iniciativas presentadas polos socialistas galegos no próximo Pleno será precisamente a reactivación do tecido económico galego e o desleixo demostrado pola Xunta. Así, serán debatidas dúas mocións sobre a política industrial e sobre o investimento en obras públicas por parte do Executivo autonómico.

Méndez Romeu anunciou ademais unha proposición non de Lei sobre a falla de desenvolvemento do paquete lácteo en Galicia, que chega ao remate da política de cotas nun escenario de prezos excesivamente baixos, a ameaza dunha nova supertaxa e sen contratos entre produtores e industria.

Tamén será incluída unha proposición non de Lei sobre o aviso de folga do transporte de mercadorías por estrada, derivado do “engano do goberno central e o desinterese da Xunta” pola súa situación, logo de padecer a aplicación ilegal do céntimo sanitario, os prezos desmesurados das autoestradas galegas e a suba dos carburantes.

Finalmente, incluirán dúas preguntas orais sobre a transacción aprobada no Parlamento sobre a aplicación da Lei de Costas á factoría de Ence en Pontevedra e sobre a adxudicación da Fábrica de Armas da Coruña á empresa menos solvente no concurso convocado recentemente.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar