Os socialistas censuran que “o silencio” e os recortes nas políticas activas de emprego sexan as únicas actuacións de Feijóo fronte ao aumento do paro en Galicia

Os socialistas censuran que “o silencio” e os recortes nas políticas activas de emprego sexan as únicas actuacións de Feijóo fronte ao aumento do paro en Galicia

Os socialistas censuran que “o silencio” e os recortes nas políticas activas de emprego sexan as únicas actuacións de Feijóo fronte ao aumento do paro en Galicia

Méndez Romeu rexeita as “bágoas de crocodilo” de Feijóo e o PP contra Navantia, un “fraude” para agochar que “teñen tomada a decisión clara de deixar morrer á factoría” de Ferrol

Os socialistas reclaman a comparecencia do conselleiro de Presidencia pola dimisión do director xeral do Administración Local, e a do conselleiro de Territorio pola imputación da secretaria xeral de Urbanismo e responsable da APLU nun delicto urbanístico

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe que as únicas actuacións de Feijóo diante da suba do desemprego en Galicia sexan “o silencio” e os recortes nas políticas activas de emprego. Advertiu que as políticas do PP fixeron que Galicia sexa hoxe unha das tres comunidades autónomas co nivel salarial mais baixo de España.

O responsable socialista advertiu que diante dos balances triunfalistas de Feijóo e Rajoy o certo é que nos dous anos de goberno do PP España perdeu un millón de postos de traballo e dende a chegada de Feijóo Galicia conta con 114.000 desempregados mais, un incremento dun 70 por cento. Dixo que os datos seguen sendo “contundentes” con relación ao paro rexistrado, cun 14 por cento menos de poboación ocupada que con relación a 2009.

Explicou que estas “cifras dramática” en realidade “non dan conta da extrema gravidade da situación” de 89.000 fogares galegos con tódolos seus membros en paro, o dobre que en 2009, e 31.400 que non contan con ningún ingreso, un 67 por cento mais dende a chegada de Feijóo.

Advertiu que a única resposta do presidente da Xunta diante desta situación teña sido reducir os orzamentos destinados ás políticas activas de emprego un 50 por cento dende 2009.

Comparecencias de Feijóo, Rueda e Hernández

Censurou que o presidente da Xunta “non quere falar de emprego” e “o silencio é a única actuación” diante das solicitudes de comparecencia dos socialistas galegos, a mesma resposta que fronte ás solicitudes dos contratos do Sergas coas empresas de Marcial Dorado. Méndez Romeu reiterou hoxe a solicitude de comparecencia do presidente da Xunta por este tema.

Os socialistas veñen de solicitar tamén a comparecencia do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, para dar conta da dimisión da súa man dereita e home de confianza, o director xeral de Administración Local, e se esta ten relación cun aparente caso de prevaricación en Palas de Rei, e a do titular de Territorio, Agustín Hernández, pola imputación da secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e ao mesmo tempo presidenta da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística -máxima responsable da legalidade urbanística en Galicia-, por un presunto delicto urbanístico en Sanxenxo, “e aclarar se cre que está en condicións de cumprir axeitadamente co seu labor con suficientes garantías e confianza para o conxunto dos cidadáns”.

Bágoas de crocodilo

Méndez Romeu criticou as “bágoas de crocodilo” de Feijóo e do PP contra a xestión de Navantia cando teñen a decisión tomada de “deixar morrer a factoría de Ferrol, e mesmo probablemente toda a compañía”. Cualificou de “engano, fraude” e incluso de “esperpento” o anuncio do PP de Ferrol de manifestarse diante dunha compañía que depende do goberno de Rajoy.

O responsable socialista advertiu que o PP de Ferrol “debera manifestarse diante da sede do PP, do Ministerio de Facenda ou no Palacio da Moncloa”, cunha protesta que en realidade é unha “manifestación artificial para tapar as verdadeiras manifestacións que celebran os traballadores tódolos días en Santiago e Ferrol para amosar a súa desesperación logo de tantos anos de enganos”.

Lembrou así a promesa de Feijóo de levar a construción do dique flotante á factoría, ou a decisión de Gas Natural de trasladar a Asia a construción dos gaseiros tamén comprometidos polo presidente da Xunta logo de que supostamente Navantia presentara unha proposta que non era solvente.

Méndez Romeu sinalou que “non é crible que Navantia se equivoque tanto” en dous anos de goberno de Feijóo, polo que sinalou que a realidade é que “o goberno de Rajoy non quixo actuar e Feijóo actúa de cómplice” para “executar paseniñamente” á empresa.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar