Os socialistas censuran que o PP rexeite apoiar a petición das federacións galegas de retirar a licenza deportiva única

Os socialistas censuran que o PP rexeite apoiar a petición das federacións galegas de retirar a licenza deportiva única

Os socialistas censuran que o PP rexeite apoiar a petición das federacións galegas de retirar a licenza deportiva única

A portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Carmen Acuña, defendeu a proposición que recollía as demandas das 58 federacións galegas, que temen que a aplicación da Lei da reforma da administración as converta en meras recadadoras das estatais

Os socialistas reclaman ao Secretario Xeral para o Deporte que reivindique as súas competencias e esixa do Goberno que non aplique esta modificación que obriga ós deportistas de base, que nun 90% fan deporte sen saír da comunidade, a abonar unha licenza nacional, cando non van obter ningún beneficio desta

A portavoz de Deporte do Grupo Socialista, Carmen Acuña, defendeu hoxe unha proposición non de lei esixindo á Xunta que reclame ao Goberno do Estado que se manteña o apartado 4 do artigo 32 da lei 10/1990, do deporte, tal e como estaba ata agora. Acuña requiría tamén que se elabore, na maior brevidade posible, unha nova lei do deporte estatal que revise, recolla e cohesione os sucesivos cambios que leva sufrido o texto orixinal pola aplicación e interacción doutras normas.

Acuña explicou que a proposta aprobada en Pleno co voto exclusivo da maioría popular “non gustou ás federacións”, partidarias da redacción da proposición de lei socialista. A deputada socialista insinuou que este feito molestou e afectou á negativa do Grupo Popular a apoiar a iniciativa, “porque as 58 federacións me elixiron portavoz”, dixo.

Tamén salientou que o voto favorable dos populares houbera facilitado ao Secretario Xeral para o Deporte, “poder ir a Madrid a reivindicar as competencias que nos son propias”, e, ao mesmo tempo, “cumprir coas promesas de apoio que lle fixera ás federacións galegas”. Do contrario, como sucedeu, “parecería que o PP e a Xunta “pretenden enganar ás federacións”.

MENOS LICENCIAS E MENOS CARTOS PARA AS FEDERACIÓNS

A portavoz de Deporte do Grupo Socialista denunciou en algunhas federacións, onde xa tiveron esta experiencia, as licencias baixan. O 90% dos federados e das federadas desenvolven a súa actividade deportiva en Galicia, polo que a licenza non lles aporta ningunha mellora.

Acuña trasladou tamén o temor das federacións galegas de converterse en meras recadadoras das nacionais. “O informe CORA recolle que esta medida vai mellorar os ingresos das federacións estatais, ata o punto de poder rebaixar o Goberno as súas achegas, o que non di e que este aforro vai en detrimento das federacións autonómicas”, explicou.

CUESTIÓN DE COMPETENCIAS

A deputada socialista denunciou que a licenza única entra en conflito coa lei do Deporte de Galicia e co Estatuto. Trátase “doutra medida involucionista do Sr. Rajoy, lesiva coas competencias autonómicas”, razón pola que, explicou Acuña, “moitas comunidades xa se están pensando en presentar recurso no Constitucional”.

Acuña lamenta a posición contraria do PP á súa proposición non de lei, porque “se trata “dunha cuestión de competencias, de defender o que é noso e que o Goberno autonómico pelexe polas súas competencias”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar