Os socialistas censuran que o goberno gastara en propaganda o 13% do presuposto que recolle a Lei de Emprendemento

Os socialistas censuran que o goberno gastara en propaganda o 13% do presuposto que recolle a Lei de Emprendemento

Os socialistas censuran que o goberno gastara en propaganda o 13% do presuposto que recolle a Lei de Emprendemento

520.000€ dos 4,2M€ de presuposto se contrataron o pasado 9 de outubro para unha campaña de publicidade de Galicia Emprende

Abel Losada esixiu a devolución do texto, que non aborda unha política global de competitividade económica para o país

Denuncia a caída do Orzamento do IGAPE nun 75% dende 2009 e rexeita que a lei sirva para promover a iniciativa empresarial xa que, por exemplo, os incentivos fiscais redúcense a 37 euros por emprendedor

Losada rexeita que se goberne igual para todos e establece prioridades. Non se pode gobernar para todos igual cando un 20% da poboación está na pobreza ou en risco de exclusión e os ricos con máis dun millon de euros de patrimonio medra un 13% no último ano

Abel Losada en rolda de prensaO parlamentario socialista, Abel Losada, defendeu hoxe no Pleno do Parlamento de Galicia a devolución do Proxecto de Lei de Emprendemento de Galicia porque non aborda globalmente unha política de competitividade económica do país.

Losada reprochou ao conselleiro de Industria que se esquecera dos presupostos do IGAPE, que no ano 2009 eran 306 M€ e para o ano 2014 hai 82,5M€ unha caída do 75% aproximadamente no Orzamento que a lei pretende solucionar coas unidades Galicia Emprende.

O deputado do PSdeG amosou a Conde o “primeiro froito desta lei”, o contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña de publicidade “Galicia Emprende”. Abel Losada censurou ao titular de Industria que o seu departamento se tivera gastado en “propaganda” 520.000€, o 13% dos fondos recollidos na lei, un total de 4.700.000€.

Comparou Losada os 520.000€ de publicidade con outras partidas da lei como políticas activas no eido laboral e educativo 12.000€/ano; Unidade Galicia Emprende e Rede Galega de Investidores Particulares, 120.000€/ano; instrumentos de apoio 1,4 M€; microcréditos 400.000€ e o fondo de capital risco Galicia Emprende 2M€. A isto habería que sumar o 1,2M€ de exencións fiscais. “Aos socialistas non nos aparece un euro máis, pero os 520.000€ para comprar vontades e facer propaganda súa e do director do IGAPE, esos xa están gastados”, espetou ao conselleiro de Insdustria.

O parlamentario socialista criticou tamén o optimismo do conselleiro, que anunciou un obxectivo de 130.000 emprendedores en catro anos, cando todo o emprego industrial de Galicia suma 150.000. A cifra serviu a Losada para denunciar que o incentivo medio por iniciativa empresarial sería de 37 euros, “cantidade que se levaría por diante o céntimo sanitario se tiveran que coller unha furgoneta”, ironizou.

O proxecto de lei non contempla novas medidas efectivas de financiamento para as empresas cando é o seu principal problema. Losada falou de “seca en termos de financiamento” das familias e das empresas. Tampouco aborda a internacionalización da economía nin medidas específicas para as PEMES ou autónomos xa establecidos nin un auténtico Plan de emprendemento, que debera ser parte fundamental do proxecto.

Losada recriminou tamén ao Goberno que tivera máis dilixencia en conseguir unha líña de crédito co BEI para a construtora do Hospital privado de Vigo que para o IGAPE. Cuxa diminución de recursos atribúen á perda precisamente dunha liña de crédito desta entidade.

O deputado socialista reprochou aos populares e ao Goberno que digan que poden gobernar para todos e antepuxo prioridades. Recordou que un 20% da poboación está na pobreza ou no risco da exclusión no mesmo país onde o número de ricos cun patrimonio máis dun millón de euros medrou un 13%.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar