Os socialistas censuran que Feijóo teña que ir a pedirlle permiso a Rajoy para fixar as eleccións

Os socialistas censuran que Feijóo teña que ir a pedirlle permiso a Rajoy para fixar as eleccións

Os socialistas censuran que Feijóo teña que ir a pedirlle permiso a Rajoy para fixar as eleccións

O secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, lamentou hoxe a “palmaria falla de autonomía” do presidente da Xunta, que “ten que irlle pedir permiso a Rajoy para decidir a data das eleccións autonómicas”.

 

O responsable socialista dixo que a “chamada a consultas” de hoxe evidencia unha vez mais que o presidente da Xunta de Galicia “antepón os intereses de Génova e de Rajoy aos intereses de Galicia e dos galegos e galegas”. Dixo que Feijóo demostra un “lamentable servilismo cara ao seu partido” precisamente cando mais debera estar preocupado por Galicia.

 

Pablo García sinalou que o presidente da Xunta “debe deixar de preocuparse polo que pensa o seu xefe e empezar a pensar nos galegos e galegas e despexar as incógnitas sobre a data das eleccións, sexa cal sexa” xa que, engadiu, “a incertidume non beneficia a ninguén e prexudica á actividade económica de Galicia”.

 

Lembroulle que, “de acordo coa Lei, quen ten a competencia para fixar a data das eleccións autonómicas non é outro que o presidente da Xunta de Galicia, por moito servilismo que queira demostrarlle ao presidente do Goberno”, e engadiu que “o único que ten que facer agora é exercitala e contárllela á sociedade galega”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar