Os socialistas censuran que Feijóo presuma de defensor do parlamentarismo mentres impide que se convoque unha Deputación Permanente en xaneiro para abordar os temas que preocupan á sociedade

Os socialistas censuran que Feijóo presuma de defensor do parlamentarismo mentres impide que se convoque unha Deputación Permanente en xaneiro para abordar os temas que preocupan á sociedade

Os socialistas censuran que Feijóo presuma de defensor do parlamentarismo mentres impide que se convoque unha Deputación Permanente en xaneiro para abordar os temas que preocupan á sociedade

Méndez Romeu criticou, á saída da Xunta de Portavoces, que o PP non atope datas posibles para esta convocatoria, e empregue a maioría para impoñer os temas que lle interesan

Os socialistas propuxeron que o Parlamento funcionase en xaneiro para abordar a venda de NGB, a tarifa eléctrica e a repercusión da reforma do Goberno no sector das renovables, a influencia da reforma local aprobada sobre os servizos sociais nos concellos de menos de 20.000 habitantes e o Plan de Emprego

O portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Luis Méndez, requiriu ao Presidente da Xunta, Núñez Feijóo, a “ser coherente coas súas propias verbas pronunciadas no traspaso de poderes da Presidencia da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas” de defensa do parlamentarismo e debera permitir que “se reanuden os traballos da comisión de investigación sobre as caixas de aforros e da comisión de estudo sobre medidas de prevención da corrupción que levan bloqueados e paralizados pola maioría popular seis meses”.

Reprochou tamén ao titular do Executivo galego que “predique sobre o consenso” en Madrid sobre o aborto, “cando o seu grupo sempre estivo en contra de calquera consenso”, recordou Méndez, que acusa ao Presidente galego de “abortar un posible acordo na reforma da lei electoral”.

Méndez fixo mención da “profesión de fe europeísta” da Presidenta da Cámara, Pilar Rojo, “por iso solicitamos que se normalice a comisión de asuntos europeos, que funciona como o Guadiana nesta Cámara e onde o PP amosa que non lle interesan en absoluto os problemas relacionados coa construción de Europa nin coas axudas da UE á Comunidade galega”, afirmou o voceiro do Grupo Socialista.

O parlamentario socialista recordou que os socialistas solicitaran en varias ocasións que funcionase o Parlamento no mes de xaneiro. “A maioría popular, ata hoxe non ten permitido que se celebre unha Deputación Permanente”, criticou o voceiro do PSdeG.

Unha Deputación Permanente na que se tratasen os temas que interesan aos cidadáns, apunta Méndez Romeu, “como o de Novagalicia Banco, da que seguimos sen saber por que se perderon 8.000 millóns de euros, e cando todos os días aparecen novas informacións que levantan temores sobre o futuro da entidade”, pregúntase o deputado por que non se tan falado ata agora da solución para as preferentes ou como queda a obra social das extintas caixas de aforros.

Os socialistas pediron tamén que a Deputación Permanente abordase o problema das tarifas eléctricas, “absolutamente desbocadas”. Dentro deste asunto reclaman explicacións por como a reforma do Goberno “ven de liquidar a todo o sector de renovables de Galicia” .

Esixiron o debate da posición do Goberno galego sobre a lei de interrupción do embarazo, “ningunha posición favorable a que isto se poida debater”, censurou Méndez aos populares, que tamén se negan a levar á cámara as consecuencias da reforma da Administración local, que vai provocar que en 290 concellos vaian existir problemas cos servizos sociais. O Grupo Socialista tamén pediu que se debatera a situación do Hospital de Lugo e a redución de servizos nos hospitais de Galicia.

Esixían os socialistas debater na Cámara galega de Política de Emprego, sobre a que os socialistas “trouxemos propostas concretas”, lembrou o portavoz socialista. Pero, “a 14 de xaneiro non se convocou ningunha Deputación Permanente”, insistiu.

Segundo Méndez, “non hai datas posibles para o Goberno que só admite falar do que considera oportuno e necesario”, como no caso da Xunta de Portavoces de hoxe, a lei do Solo.

REFORMA ELECTORAL

Preguntado pola reforma da lei electoral, Méndez Romeu advertiu que este asunto, “tan afastado dos problemas dos cidadáns e que todos os días se usa de cortina de fume polo Goberno para tapar a súa inoperancia” ten adquirido “ribetes de tomadura de pelo”.

Explica Méndez que a proposición de lei do Partido Popular consiste só en dous parágrafos, un dedicado á redución de deputados e o outro a facer públicas as declaracións de bens dos membros da Cámara, que xa se poden consultar. “Nós témoslle proposto que se debata sobre a reforma electoral e o bo funcionamento das institucións e non hai maneira de reunirse”, reprocha o voceiro socialista ao Executivo.

Dubida o deputado do PSdeG de que Feijóo e os populares teñan vontade real de “poñer en debate a representación democrática e o funcionamento do Parlamento, iso é o que tería interese”, afirmou. “Agardamos resposta oficial á carta escrita por Gómez Besteiro”, dixo.

De non producirse un encontro entre os catro grupos porque así o impida o PP, “teremos que reunirnos os grupos da Oposición” para abordar este problema. “Non é unha proposición seria a do Partido Popular”, concluíu Méndez Romeu.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar