Os socialistas censuran que a Xunta destine 2,2 millóns de fondos contra a pobreza para a RISGA

Os socialistas censuran que a Xunta destine 2,2 millóns de fondos contra a pobreza para a RISGA

Os socialistas censuran que a Xunta destine 2,2 millóns de fondos contra a pobreza para a RISGA

Carmen Gallego recriminou a Traballo que saque de axudas para emerxencia social e do fondo extraordinario de pensións non contributivas para ampliar a RISGA, onde se acumulan atrasos na concesión de ata 10 meses

A Portavoz de Política Social do Grupo Socialista defendeu unha moción para a elaboración dunha Carteira de Servizos de Inclusión e un Fondo de Emerxencia contra a Pobreza e a Exclusión Social esixindo un compromiso orzamentario do 0,1% do PIB galego

Reprochou ao Goberno Feijóo que en cinco anos recortara 4016 millóns en gasto social, o que supuxo que a pobreza se incrementara en 20 puntos

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, defendeu onte no Pleno do Parlamento unha moción pola que se instaba á Xunta a elaborar unha Carteira de Servizos en materia de Inclusión consultando previamente ás entidades do terceiro sector de iniciativa social e os concellos galegos.

A iniciativa socialista esixía tamén o compromiso da posta en marcha desa carteira non vaia supoñer maiores custos para os usuarios, os concellos e para as entidades de iniciativa social, “como xa sucedera coa carteira de servizos de Dependencia”.

Gallego reivindicou a posta en marcha dun Fondo de Emerxencia contra a Pobreza e a Exclusión Social que contemple como requisitos mínimos que sexa xestionado conxuntamente coas entidades sociais e os municipios e que teña un orzamento mínimo do 0,1% do PIB da Comunidade Autónoma. Este Fondo debera contar con medidas específicas de atención prioritaria para a infancia, persoas maiores, mulleres e persoas sen fogar.

Tamén debera contemplar de xeito inmediato a creación dun programa de solidariedade alimentaria, para que todos os nenos e nenas teñan garantidas ao menos tres comidas ao día, a través dos comedores escolares, centros de día e en colaboración coas ONGs. “Aproveitar a rede existente para ofrecer unha alimentación equilibrada e san aos nenos cuxas familias están a pasar por dificultades mentres o Goberno galego sigue renunciando a investigar que é o que está pasando coa pobreza infantil”, explicou.

Na súa intervención a portavoz socialista afirmou que “en cada decisión que adopta o Goberno de Feijóo aumenta o risco de pobreza ou de exclusión social ata acadar a máis do 23% da poboación o risco de exclusión social”.

A Carteira de Servizos de Inclusión que o Goberno anunciou que vai poñer en marcha “ de ser como a Carteira da Dependencia, o que vai facer é mercantilizar a pobreza”, acusou Gallego.

A deputada advertiu que “os socialistas non vivimos no mundo de fantasía de Feijóo”. “Todos os días chegan a nós denuncias de familias que o están a pasar mal”, dixo Carmen Gallego, “tardan ata 10 meses en conceder as axudas da RISGA”. “Son axudas imprescindibles para poder comer, subsistir, e non poden tardar 10 meses en concedelas”.

Recriminou ós populares que “presumir de incrementar a RISGA é como presumir de incrementar a pobreza”. Gallego Calvar dixo que os socialistas teñen o convencemento que “un Goberno que se precie non pode quitarlle á Consellería de Traballo en políticas sociais 535 millóns de euros en cinco anos e ao mesmo tempo vir incrementado a Renda de Integración Social de Galicia porque o resultado de terlle recortado eses millóns é o incremento gradual da RISGA”.

Carmen Gallego censurou ao Goberno de Feijóo que “o resultado deste recorte de 4016 millóns de euros en gasto social – sanidade, educación e políticas sociais - leva a que teñamos o 23% da poboación galega en risco de exclusión social, ou dito doutro xeito, incrementouse a pobreza en 20 puntos desde que goberna Feijóo, como vostedes queiran”.

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista denunciou tamén que este ano xa se produciron modificacións de crédito, 2,2 millóns de euros. Acusou á consellería de Traballo de sacar os recursos para incrementar as partidas da RISGA das axudas de emerxencia social e das pensións non contributivas. “Desvestimos un santo para vestir outro, sacamos das partidas que loitan contra a pobreza para poñer nas que loitan contra a pobreza”, reprochou ao Goberno.

O incremento de taxas en comedores escolares, escolas infantís, todo o que ten que ver coa educación e sanidade, copagos para os usuarios de Servizos Sociais e todas as prestacións que van sacando desde o desmantelamento da lei de Dependencia e da Lei de Servizos Sociais de Galicia, “o froito destas políticas de recortes o estamos vendo nos bancos de alimentos, nos albergues, nas colas dos supermercados para coller os alimentos a caducar e no remexer dos contedores das cidades, neses pais e nais que non poden mandar os nenos aos comedores escolares porque non poden facer o copago”, recriminou Gallego, que rematou pedindo aos populares que “reaccionen porque para atallar este problema o Goberno ten que comprometer financiamento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar