Os socialistas censuran o veto do PP a mellorar as condicións laborais das redeiras galegas rexeitando unha iniciativa socialista na Comisión de Pesca do Parlamento

Os socialistas censuran o veto do PP a mellorar as condicións laborais das redeiras galegas rexeitando unha iniciativa socialista na Comisión de Pesca do Parlamento

Os socialistas censuran o veto do PP a mellorar as condicións laborais das redeiras galegas rexeitando unha iniciativa socialista na Comisión de Pesca do Parlamento

José Ramón Val advirte que o PP impide o recoñecemento das condicións laborais do colectivo en “coherencia cunha reforma laboral que busca a precarización do traballo”

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, censurou hoxe o veto do PP a unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista na Comisión de Pesca para mellorar as condicións laborais das redeiras galegas. Logo de coñecer o voto en contra do PP, acusounos de impedir o recoñecemento das condicións laborais deste colectivo composto por 700 traballadoras en Galicia.

Val lamentou a “coherencia do PP cunha reforma laboral que busca a precarización das condicións de traballo” impedindo “calquera tipo de condicións laborais recoñecidas lexislativamente” para unhas traballadoras que están a sufrir a crise da flota de cerco e artesanal, provocada pola escaseza das cotas e paralizada polos temporais dos últimos meses.

O responsable socialista fíxose eco no Parlamento das reivindicacións deste colectivo, logo de manter unha rolda de encontros cos grupos parlamentarios para trasladarlles as súas reivindicacións. Lembrou ademais as reflexións destas redeiras, que en Burela aseguraban que hoxe traballan “por amor e afición ao oficio e non por gañar cartos”.

Parálise

José Ramón Val acusou ao goberno galego de ter paralizado a vía aberta polo goberno socialista na Xunta de Galicia para dignificar o traballo deste colectivo. Así, demandou a completa regularización do sector a través dun rexistro de redeiras con cualificación profesional “que permita rematar co intrusismo neste sector”.

A proposta socialista tamén solicitaba afondar no recoñecemento das enfermidades laborais e na posibilidade de establecer coeficientes redutores, ao igual que outros colectivos que traballan nos portos, para permitir unha redución da idade de xubilación. Finalmente, demandou unha liña de axudas que permita rematar os proxectos en risco por falla de dispoñibilidade económica.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar