Os socialistas censuran o egoísmo partidario de Hernández de empregar a redución de vítimas nas estradas para o autobombo

Os socialistas censuran o egoísmo partidario de Hernández de empregar a redución de vítimas nas estradas para o autobombo

Os socialistas censuran o egoísmo partidario de Hernández de empregar a redución de vítimas nas estradas para o autobombo

Raúl Fernández recrimina ao conselleiro de Medio Ambiente que escollera esta comparecencia en lugar de vir ó Parlamento explicar a imputación da Secretaria Xeral de Urbanismo nun presunto delito urbanístico

O portavoz socialista de Infraestruturas tamén esixiu ao conselleiro dar contas polo espolio do tren convencional, o peche de estacións rurais e a paralización do AVE por parte de Fomento ou para compartir a preocupación polas vítimas do accidente de Angrois e os seus familiares

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, censurou ó conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, que empregara a redución de vítimas mortais nas estradas “como plataforma de autocomplacencia e para reivindicarse politicamente” durante a súa comparecencia no Pleno de hoxe.

Rexeitou o “autobombo e autocompracencia do conselleiro coa intención políticas de apropiarse das estatísticas de sinistralidade viaria” e esixiulle a modestia de recoñecer que as vítimas “descenden desde 2004”. “Algo que debera ser motivo de contida ledicia colectiva, vostede tivo o egoísmo partidario de querer apropiarse deles”, reprochou ao conselleiro.

Reprochou ao conselleiro estar “convertendo unha macroconsellería nunha microconsellería irrelevante para os intereses de Galicia” que o seu titular emprega para “favorecer con microproxectos aos alcaldes do PP”. Denunciou Fernández a falta de investimento suficiente para mellorar as estradas e os seus contornos. Respecto a 2009, os fondos autonómicos baixaron de 491 millóns de euros en 2009 a 244 millóns de euros en 2013. O recorte acumulado 2010-2013 é de 550 millóns de euros.

O portavoz de Infraestruturas socialistas falou tamén dos “incumprimentos do Plan MOVE” cuxo investimento real foi a cuarta parte do previsto para seguridade viaria. “ A porcentaxe é aínda menor no Transporte Metropolitano”.

O deputado socialista botou man dos datos da EURORAP, o consorcio independente que analiza o risco nas redes europeas, segundo os que Galicia se sitúa como a comunidade autónoma cons mais quilómetros negros nas súas estradas. “En concreto 73 km. de estradas de risco elevado dos 337 existentes en España”, dixo Fernández. Salientou o deputado que 3 dos 10 tramos con maior risco de accidente se atopan na nosa comunidade.

Censurou que a política de Hernández e de Feijóo nos cinco anos do seu Goberno se concretou en “eliminación do comisionado de seguridade viaria, e como consecuencia da participación cidadá; redución da presenza da seguridade viaria na lei de Estradas de Galicia e apagón licitador na conservación, mellora e execución de estradas. Tamén rexeitou o contido da lei de estradas, recentemente aprobada co único apoio do PP, que reserva “un espazo residual a seguridade viaria”, a pesares das múltiples emendas da Oposición, que foron rexeitadas.

Fernández denunciou na súa intervención o “déficit de actuacións na rede viaria tanto en conservación como en accións de nova construción, que xa é tanxible para condutores e peóns e afecta gravemente á seguridade viaria”. O deputado socialista denunciou o deterioro “masivo” da rede viaria, cuxa conservación se limita ao “parcheo”.

Fernández afirmou que, no campo da seguridade viaria, queda moito por percorrer, especialmente en Galicia e “sobra calquera grado de autosatisfacción dos responsables políticos, ou calquera clase de triunfalismo”. Especialmente cando en boa medida a redución de accidentes de sebe á redución de desprazamentos como consecuencia da crise económica.

HERNÁNDEZ TIÑA OUTROS MOTIVOS PARA COMPARECER

O deputado socialista, Raúl Fernádez, censurou o veto dos populares sobre as comparecencias “que teñen que ver co interese xeral e favorecen as que teñen que ver co seu particular interese”.

Neste sentido, reprochou ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que non compareza para explicar a situación en que se atopa a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, “ao mesmo tempo presidenta da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, despois de ser imputada por un presunto delito urbanístico”.

Lembrou Fernández que o Goberno galego ten “vetadas tamén as comparecencias de Feijóo para explicar os 277.000 desempregados en Galicia ou da señora conselleira de Sanidade para dar explicacións do caso de nepotismo do seu marido”.

O portavoz socialista de Infraestruturas lembrou tamén a Hernández outros “motivos de comparecencias” máis acaídos, a xuízo dos socialistas: para explicar o espolio do tren convencional polo ministerio de Fomento; ou para ofrecer a postura do Goberno pola eliminación do transporte ferroviario e o peche de estacións no rural. Tampouco compareceu para explicar a ralentización e mesmo paralización de treitos do AVE en Galicia, ou a indefinición do ministerio coa entrada e estación do AVE en Ourense, ou para explicar a caída de usuarios nas autoestradas ou nos aeroportos.

“Nin sequera compareceu para compartir con esta Cámara a preocupación polo maior accidente ferroviario ocorrido en Galicia: o accidente de Angrois”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar