Os socialistas censuran as presas de Feijóo por liquidar o sistema financeiro galego malvendendo Novagalicia Banco

Os socialistas censuran as presas de Feijóo por liquidar o sistema financeiro galego malvendendo Novagalicia Banco

Os socialistas censuran as presas de Feijóo por liquidar o sistema financeiro galego malvendendo Novagalicia Banco

O PP rexeitou unha proposición non de lei, defendida por Méndez Romeu, para adiar a venda de Novagalicia Banco

Reprochan a Feijóo o seu respaldo acrítico ao FROB, que impide que no futuro poida existir unha operación con capital galego

Para os socialistas trátase dunha traizón ao país, porque a venda acelerada de NGB deixa a Galicia como a única comunidade histórica sen entidade financeira propia

Acusa a Feijóo e ao PPdeG de pregarse aos desexos de Rajoy e do FROB, nun erro histórico, regalando unha entidade solvente sen contraprestación para Galicia e perdendo de xeito irreparable a capacidade de decisión sobre o aforro do país

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou ao Presidente Feijóo e ao Grupo Popular de ter demostrado moita presa na venda de Novagalicia Banco, “como se foxe necesario deixar canto antes sen sistema financeiro a unha comunidade autónoma que ata hai pouco tempo tiña cinco entidades.

Culpou Méndez a Feijóo e a Rajoy de deixar a Galicia como a única comunidade autónoma histórica sen unha entidade financeira propia”. A razón, apunta o socialista é que é a única destas comunidade que goberna o Partido Popular.

O parlamentario do PSdeG defendeu unha proposición non de lei para que se pospoña a venda de NGB, o que permitiría recuperar o máximo dos 9.000M€ de cartos públicos que o FROB leva inxectado na entidade. A previsión é de recuperar só 1.500M€. A iniciativa pide tamén facer as xestións necesarias para acadar unha entidade propia e trasladar ao FROB a necesidade de incorporar no prego de venta unha solución acaída para os titulares de preferentes e subordinadas. A proposta esixía tamén dos compradores un compromiso co mantemento da obra social das antigas caixas de aforro.

O voto negativo do Grupo Popular a esta iniciativa desvela a perda de autonomía financeira da Comunidade Autónoma de xeito gratuíto. “O que non acontecera nas tres décadas anteriores, vai pasar agora pola posición subordinada de Feijóo e a maioría popular, terán que explicar esta rendición innecesaria”.

O portavoz socialista esgrimiu como argumento financeiro os 90 millóns de euros de beneficio, que poderían ser 100M€ ao remate de exercicio, “cinco veces a previsión do Plan de Recapitalización”. Habería que sumar a venda ou traspaso dos activos inmobiliarios tóxicos, a caída progresiva de morosidade, con niveis suficientes de core capital tras a venta de EVO e ostentando o 44% da cota de mercado do aforro galego.

Cada día a entidade vale máis, dixo Méndez citando a un directivo de NGB, un argumento “de autoridade para non vendelo de inmediato”. Non hai argumentos que xustifiquen a venta acelerada desta entidade, “nin de carácter financeiro nin de carácter político”, afirma Méndez. Polo contrario, “existen motivos para adiar a venda”. O FROB inxectou máis de 9.000M€ de todos os contribuíntes e as previsións son de recuperar 1.500M€. “Un ruinoso negocio co que se perderán máis de 8.000M€, pouca eficiencia no medio da urxencia”, afirmou Méndez.

Non hai ningunha explicación pública nin documentación oficial que xustifique a celeridade na venda de Novagalicia Banco, ao contrario, insiste Méndez, coñécese o prazo da UE ata 2017. “Tamén se coñece que o Goberno podería declarala entidade sistémica para Galicia, como se fixo con Bankia, evitando a subhasta”.

Reprochou o deputado do PSdeG a “falta de transparencia, como se non se estivera a facer cos impostos dos contribuíntes”. “Obscurantismo e condicións opacas para unha adxudicación viciada como denuncian a prensa internacional e os fondos de investimento estranxeiros”, acusou.

As opcións pasan pola dilución nun grupo financeiro nacional, que traería como consecuencia novas perdas de emprego e de servizos financeiros no rural ou a venda a un fondo de investimento estranxeiro que manterá o banco funcionando unha tempada ata que o volva a sacar á venda. A situación é “altamente preocupante”, segundo Méndez, porque a dilución noutra entidade, suporá a perda da capacidade decisoria, e polo tanto unha panca esencial no crecemento económico de Galicia e a venda a un fondo non garante o retraso desa situación.

Por esta razón os socialistas propoñen non pechar as portas ao capital galego, que, no futuro podería ter capacidade e interese en xestionar unha entidade rendible, saneada, e con cota de mercado importante. Para iso é necesario “unha marxe de tempo”, razoa Méndez. Un adiamento que permitiría dar solución tamén a miles de afectados por preferentes e subordinadas e garantir a continuidade da obra social.

Pero a Xunta, co seu “respaldo acrítico ao FROB impide que no futuro poida existir esa operación con capital galego”, reprochou a Feijóo o portavoz socialista.

As caixas teñen tras de si unha longa historia de traballo, de esforzo para a axuda financeira para os sectores tradicionalmente esquecidos pola gran banca. Con importantes actuacións empresariais que non interesaban a outras entidades. Unha parte da historia de Galicia vai ser vendida, e logo será “irrecuperable” a capacidade sobre o aforro propio, denunciou Méndez Romeu.

Todo o mundo pide a continuidade. Acusou aos populares de ser os “enterradores de tanta esperanza” , censurou que Feijóo e o PPdeG, por compracer a Rajoy, vaian “regalar un banco solvente para non recibir nada a cambio, traizoando os intereses deste país”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar