Os socialistas censuran ao PPdeG que impida a petición ao Goberno de derrogar as taxas xudiciais de Gallardón

Os socialistas censuran ao PPdeG que impida a petición ao Goberno de derrogar as taxas xudiciais de Gallardón

Os socialistas censuran ao PPdeG que impida a petición ao Goberno de derrogar as taxas xudiciais de Gallardón

Recrimina aos populares que se manteñan tan afastados da realidade dos cidadáns de a pe, que perden un dereito á defensa gratuíto, “pola maioría absoluta que o PP emprega de xeito absolutista”

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, ven de defender en comisión unha proposición non de lei pola que se instaba ao Goberno galego a que se dirixa ao Goberno central a derrogar a imposición de taxas xudiciais ás persoas físicas para litigar.

A parlamentaria socialista recriminou a negativa dos populares a derrogar a reforma de Gallardón, xa que “pedimos o mesmo que moitos grupos municipais do PP apoiaron nos concellos de Galicia”.

Unhas peticións que a portavoz de Xustiza do Grupo Socialista responde ás numerosas concentracións e protestas de todos os operadores xurídicos contra a reforma da Xustiza de Mariano Rajoy. “A única cousa que conseguiu Gallardón foi poñer de acordo a toda a Xustiza contra algo”, ironizou Sestayo.

A deputada socialista censurou a instauracións de repagos a través da imposición de taxas xudiciais e os intentos de beneficiar a determinados colectivos como rexistradores ou notarios, “a costa dos dereitos das persoas”. Denuncia o afastamento das sedes xudiciais respecto da cidadanía como outros dos exemplos “da gravidade dos ataques arremetidos polo Goberno de Rajoy cara un servizo que pretenden limitar e cercar”.

Sestayo denuncia que moitas persoas confesan que desisten de litigar por medo de non poder facer fronte aos gastos. Acusou aos populares de “querer converter á Xustiza nun ben de luxo, para persoas VIP, que poden conseguir unha resolución xudicial aínda que sexa po K.O. do contrario, por falta de recursos”.

Acusou ao PP de non ter inconveniente en “arrasar con eses medios de defensa cos que os cidadáns de a pe estaban dotados ata a chegada da maioría absoluta do PP que exerce de xeito absolutista”.

A totalidade dos grupos aprobaron os outros puntos da proposición non de lei, que recollía a petición á Xunta de que manifestase a súa oposición ás reformas que pretenden suprimir os partidos xudiciais situados en lugares diferentes ás capitais de provincia e a petición ao Executivo de Rajoy de consensos coas forzas políticas e cos profesionais nas reformas que se emprendan no eido da Administración de Xustiza. Tamén esixía medidas respecto da tutela xudicial efectiva, recollida no artigo 24 da Constitución.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar