Os socialistas censuran a política de persoal e de contidos do PP na CRTVG e denuncian a semellanza co acontecido previamente ao peche da canle valenciana

Os socialistas censuran a política de persoal e de contidos do PP na CRTVG e denuncian a semellanza co acontecido previamente ao peche da canle valenciana

Os socialistas censuran a política de persoal e de contidos do PP na CRTVG e denuncian a semellanza co acontecido previamente ao peche da canle valenciana

Na comisión de control, Acuña do Campo recriminou ao director da compañía que o concursos de consolidación de emprego servira, non para esta función, senón para asentar o sistema caciquil de contratación

A precariedade laboral e a presión dos redactores xefes, vinculados ao PP, ofrecen unha televisión que, a xuízo da deputada socialista, alimenta o desinterese da cidadanía pola canle pública, como sucedera con Canal 9

Recela de que o PP pretenda privatizar a TVG mediante a subcontrata e externalización de toda a programación, agás os telexornais, desde onde seguiría emitindo a súa mensaxe política

Reprochou a Sánchez Izquierdo non empregar os cartos do novo plató ou os catro millóns que meteron en xuízos laborais nos bos e nas boas profesionais que, logo de teren sido despedidos e despedidas, tiveron que recuperar para a cobertura do accidente de Angrois

A parlamentaria socialista, Carmen Acuña, ven de censurar o xeito en que a CRTVG ten levado a cabo o concurso de consolidación de emprego, na que se convocaron 52 das 200 prazas posibles. Na comisión parlamentaria de control deste ente, a deputada reprochou ao director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, as “prácticas caciquís” que presidiron as devanditas oposicións.

Acuña do Campo denunciou as “mentiras” que estiveron presentes durante este proceso, xa que, segundo a deputada socialista, non houbo consolidación, pois continúa habendo traballadores que acumulan ata 36 contratos no mesmo ano. Tampouco houbo transparencia respecto dos criterios como a antigüidade ou a exclusión dos traballos en delegacións ou os contratos en prácticas.

Acuña recriminou ao director xeral da CRTVG que se xogara coa esperanza dos traballadores interinos da compañía, “aos que se lle prometera que non ía ir ningún á rúa”.

Para a socialista, o Plan de Consolidación de Emprego da CRTVG é, en ralidade, “un ERE encuberto” e serviu para consolidar o “sistema caciquil ao que nos ten acostumados o PP”, e que consiste en convencer á xente de que “se es amigo, quedas”.

A deputada do PSdeG tamén preguntou polas necesidades de redactores das empresas da compañía e, de xeito máis concreto sobre as funcións dos redactores xefes da TVG e da Xefe de Informativos, todos eles moi vinculados ao Partido Popular.

Acuña do Campo expresou a Sánchez Izquierdo a súa preocupación polas “semellanzas” que atopa coas circunstancias que levaron ao peche de Canal 9, a televisión autonómica valenciana. Advirte do risco da perda de interese da cidadanía pola TVG, convertida nunha repetición de “anuncios do presidente Feijóo” e se peche.

Pero tamén lle preocupa que o que busque o PP sexa a “privatización”, deixando os telexornais na parte pública, para mandar a mensaxe política que lles interesa, e subcontratando o resto da programación.

A portavoz socialista recriminou ao directivo do ente autonómico que en lugar de gastar 500.000€ nun plató os tivera invertido nos traballadores despedidos, cuxa profesionalidade quedou demostrada na cobertura do accidente de Angrois, xa que se recorreu a eles pola coincidencia coas datas de descanso estival.

Tamén lle reprochou que leven gastado 4 millóns de euros en xuízos cos traballadores, que “estarían mellor empregados no persoal ben cualificado que foi despedido”, dixo Acuña.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar