Os socialistas censuran a parálise do goberno galego ante a emerxencia social que o desemprego crea en Galicia

Os socialistas censuran a parálise do goberno galego ante a emerxencia social que o desemprego crea en Galicia

Os socialistas censuran a parálise do goberno galego ante a emerxencia social que o desemprego crea en Galicia

Méndez Romeu afirma que a Xunta nin está nin se lle espera en materia de políticas de emprego, que Feijóo decidiu aprazar ad calendas graecas

Denuncia que 32.800 fogares non perciben ningún ingreso en Galicia e un 10% dos fogares galegos teñen todos os seus membros en paro

Desde que goberna Feijóo, o paro incrementouse un 70%. Desde as últimas eleccións autonómicas 13.800 persoas perderon o seu emprego

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, censurou a “parálise do Goberno” galego e do seu presidente ante “a situación de catástrofe e de auténtica emerxencia social” que vive Galicia e que se reflicte nos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA). O número de desempregados medrou ata os 227.800 (21,96%).

Méndez, que hoxe defendeu na Deputación Permanente a petición por parte do seu grupo dun Pleno Extraordinario para debater os asuntos que realmente interesan á sociedade, denunciou que, desde que goberna o PP (2009) o paro incrementouse un 70,74%. Desde as últimas autonómicas, perderon o seu emprego 13.800 persoas, os fogares galegos con todos os membros en paro acadaron o peor dato da serie histórica, chegando a representar o 10% do total.

Os fogares sen ingreso ningún, e polo tanto en risco evidente de exclusión social, chegou a 32.800 o dobre dos que había cando chegou o PP.

O portavoz socialista salientou que os datos da EPA dados a coñecer hoxe xoves atribúen a Galicia “os peores datos de ocupación de España, so por enriba de Aragón”.

Diante desta situación, o voceiro socialista recrimina a Feijóo que a resposta do Goberno galego sexa negar calquera acordo en políticas de emprego propostas pola Oposición a través do debate de Orzamentos e do debate de Política xeral.

“A resposta da Xunta é pechar o Parlamento dous meses para que nin sequera se poida escoitar a voz dos máis febles”, denunciou Méndez. Mentres, “os medios informan de cómo medra a obscenidade da riqueza, concentrándose en poucas mans mentres a meirande parte dos cidadáns seguen sendo desposuídos do mínimo”.

Méndez Romeu reprochou ao voceiro do Grupo Popular, Francisco Puy, que “despache este asunto cos datos do Banco de España, cando a EPA está aí, e dicindo que Galicia non ten competencias en materia de emprego”. “Cal é a competencia de Feijóo, que manexa un presuposto de 40.000 M€?”, pregúntase o portavoz socialista.

O deputado socialista afirmou que en materia de emprego a Xunta “nin está nin se espera e apraza ad calendas graecas” as políticas de emprego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar