Os socialistas censuran a “oportuna viaxe turística” de Feijóo a Xapón, lonxe da inhabilitación dos sete concelleiros do PP en Santiago

Os socialistas censuran a “oportuna viaxe turística” de Feijóo a Xapón, lonxe da inhabilitación dos sete concelleiros do PP en Santiago

Os socialistas censuran a “oportuna viaxe turística” de Feijóo a Xapón, lonxe da inhabilitación dos sete concelleiros do PP en Santiago

Méndez Romeu levará mañá á Xunta de Portavoces do Parlamento a situación do PP no Concello de Santiago, “sen precedentes en Galicia”

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe a “oportuna viaxe turística” de Feijóo a Xapón coincidindo coa inhabilitación dos sete concelleiros do PP no Concello de Santiago por prevaricación. En rolda de prensa, o responsable socialista anunciou que levará esta cuestión á Xunta de Portavoces do Parlamento que se celebra mañá.

Os socialistas galegos, explicou, reclamarán que a Xunta de Portavoces aprobe o ditame da Comisión de Estudo contra a Corrupción en Galicia, paralizada polo PP dende hai un ano aínda que o Regulamento obriga a aprobala en dous meses. En calquera caso, sinalou que os socialistas galegos levarán ao próximo Pleno do Parlamento a actuación do presidente galego con relación ao Concello de Santiago.

Méndez Romeu lembrou que foi o propio Núñez Feijóo quen disolveu os órganos locais do PP para designar unilateralmente a Conde Roa, o alcalde electo e dimitido por fraude fiscal e que sumiu á capital de Galicia nunha situación “bochornosa”. El mesmo, dixo, foi quen designou ao actual alcalde “a través de movementos de ida e volta co Grupo Parlamentario utilizando a representación cidadá para resolver pactos e acordos de partido”.

Polo tanto, engadiu, debe ser Feijóo quen dea conta da situación do Concello, inédita na historia de Galicia, e presentar o “Plan B” que teñen insinuado dende as filas daquel partido, e que “significa que van exercer o goberno da cidade persoas que non foron elixidas” nas pasadas eleccións municipais, ao quedarse sen membros da lista electoral.

Sinalou que a situación xurídica do concello é reiterativa nas filas do PP, por exemplo con relación ao alcalde de Trazo, sobre quen pesa un auto de apertura de xuízo oral, ou o escándalo do concello de Porriño “sen que ocorra nada” mentres Feijóo”cambia de criterio en función das peripecias procesuais” para “negarse a tomar decisións”.

Viaxe a Xapón

Mentres, sinalou, o presidente da Xunta viaxa a Xapón sen axenda oficial e sen representación das empresas e sectores sobre os que en teoría vai falar, evidenciando que “está facendo turismo”.

Afeoulle así que visite a Universidade de Kinki para analizar os avances en materia de acuicultura obviando que colabora con centros de investigación do Estado español pero obviando a presenza de ningunha empresa galega e esquecendo que en cinco anos de goberno non puxo en marcha un só metro cadrado de explotación acuícola.

Engadiu que o presidente da Xunta ten previsto visitar a industria da automoción sen levar representantes galegos ou escolla a empresa tecnolóxica NTT, á que a Xunta ten concedido adxudicacións por valor de 7 millóns de euros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar