Os socialistas censuran a "incoherencia" do PP ao votar no Parlamento a favor de manter os partidos xudiciais mentres Feijóo apoiara a súa desaparición no pasado pleno

Os socialistas censuran a "incoherencia" do PP ao votar no Parlamento a favor de manter os partidos xudiciais mentres Feijóo apoiara a súa desaparición no pasado pleno

Os socialistas censuran a "incoherencia" do PP ao votar no Parlamento a favor de manter os partidos xudiciais mentres Feijóo apoiara a súa desaparición no pasado pleno

Beatriz Sestayo reclámalle ao PP que “se sumen á rebelión pacífica da democracia” e acúaos de apoiar o “retroceso grave cara á predemocracia”

Sinala que os deputados do PP galego van votar en Madrid a favor de reducilos a só 4 partidos xudiciais, Feijóo defende deixalos en 7 e o PP vota en concellos e deputacións manter os 45 actuais

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, criticou hoxe a “incoherencia do PP” ao votar no Parlamento a favor de manter tódolos partidos xudiciais mentres no pasado Pleno o propio Feijóo avogaba por pasar de 45 a 7. Sestayo sinalou que o PP “retráctase” das palabras do seu presidente e vota en contra da reforma xudicial de Rajoy e Gallardón logo da “presión popular” a favor dos partidos xudiciais.

Así o dixo no debate dunha moción socialista na que o PP apoiou o punto que esixe o mantemento de todos e cada un dos partidos xudiciais existentes na actualidade en Galicia. Sestayo lamentou os “bandazos” do PP que ao tempo que apoian en Madrid a reforma da Lei que determina a desaparición dos partidos xudiciais para deixalos en 4, Feijóo defende que sexan 7 e no Parlamento e nos concellos votan a favor de manter os 45.

Sestayo advertiu dos “serios problemas” do PP para “manter as súas mentiras durante tanto tempo”, como evidencia que en só quince días teñan desmentido ao seu presidente.
Chamounos a “sumarse á rebelión pacífica da democracia” fronte aos “atropelos” do seu propio goberno dirixidos a “afastar a xustiza da cidadanía”.

Os socialistas reclamáranlle hoxe á Xunta que lle solicitara ao goberno central a retirada do anteproxecto da Lei orgánica do Poder Xudicial que suprime os partidos xudiciais que non estean na capital da provincia e a derrogación da Lei de Taxas xudiciais, que foron rexeitadas polo PP.

Tamén votaron en contra de “defender unha xustiza de calidade que garanta o efectivo acceso ao dereito fundamental dunha tutela xudicial efectiva” e acusounos de defender a reforma de Rajoy e o ministro Gallardón que “ataca á xustiza como institución e como servizo público”. Criticou que Feijóo asusta como “cómplice silente” a un proceso dirixido a “afastar á cidadanía da Xustiza”.

Taxazo xudicial

Advertiu ademais que logo das descualificacións por parte do goberno galego, a realidade é que Galicia é unha das comunidades autónomas con maior incidencia do taxazo xudicial e ademais vai perder a inmensa maioría dos partidos xudiciais coa decisión do goberno de agrupalos nas capitais de provincia.

Tamén reclamaba o mantemento dos rexistros civís no eido da Administración de xustiza, nos xulgados existentes, freando a súa privatización iniciada polo PP, e a “defender a xustiza de proximidade e de Paz”, aspectos os dous tamén rexeitados polo grupo maioritario.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar