Os socialistas censuran a falta de vontade política de Feijóo para apoiar ao cerco na reivindicación dun reparto xusto

Os socialistas censuran a falta de vontade política de Feijóo para apoiar ao cerco na reivindicación dun reparto xusto

Os socialistas censuran a falta de vontade política de Feijóo para apoiar ao cerco na reivindicación dun reparto xusto

José Ramón Val, portavoz de Pesca, manifestou o apoio do PSdeG-PSOE ao sector e anunciou iniciativas para que en lugar de que prevalezan criterios históricos se proceda a un reparto lineal por número de tripulantes

Lamentou a falta de sensibilidade do Executivo galego cos representantes do sector que non atenderon logo dun peche de máis de dez horas no Parlamento. Considera que a reunión de onte foi un intento de provocación do Goberno galego

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, ven de manifestar o apoio do PSdeG-PSOE ás reivindicacións do sector do Cerco, “que non están a reclamar outra cousa que un reparto xusto e igualitario para todo o sector da Cornixa Cantábrica – Noroeste.

O parlamentario aproveitou para recriminar á conselleira do Mar e ao presidente galego a súa “falta de sensibilidade” co sector. “Todos podemos comprobar como o martes cinco persoas estiveron pechadas no Parlamento máis de 10 horas e non houbo interese en recibilos, e logo, no días de onte logo de telos case secuestrado dúas horas nunha sala do Parlamento, os convocan a unha reunión onde o que se buscou por parte do Goberno galego foi unha provocación”.

En rolda de prensa celebrada hoxe, Val afirmou que os socialistas “aplaudimos o o aumento de cota, esas 1.400 toneladas que se van poñer a disposición do sector”, pero advirte que “non van servir para solucionar un problema que se ven de arraigar desde hai varias semanas, porque persiste a discrepancia sobre os criterios de reparto”.

Explicou o portavoz de Pesca dos socialistas no Parlamento de Galicia que “seguen tendo un peso do 70% os criterios históricos”, polo que en estas circunstancias das 1.400 toneladas só se beneficiarían no reparto “unhas poucas embarcacións galegas que cumpren eses dereitos históricos establecidos”. O resto, unhas 120 embarcacións, só se van ver compensados nun 30%, a razón do peso dos outros criterios a ter en conta no reparto.

O deputado socialista considera que “mentres non se entre no fondo da cuestión, que é o cambio nos criterios de reparto a través da Secretaría do Mar do ministerio, non se solucionará a cuestión”.

José Ramón Val anunciou o rexistro dunha iniciativa, “onde creemos que hai camiño que andar e ferramentas para chegar a unha solucións”. Os socialistas propoñen volver sentar ao sector e negociar co Goberno uns criterios de reparto diferentes, xa que os actuais prexudican á toda a Cornixa, a excepción do Pais Vasco.

A proposición non de lei socialista insta a rexeitar a proposta de acordo trasladada ao Cerco por parte da Secretaría Xeral do Mar do Goberno do estado para o reparto de cota da xarda e do xurelo para o ano 2014, e esixir un novo reparto preferentemente lineal e no que se teñan en conta o número de tripulantes.

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista insiste en que “hai camiño para unha solución”, consistente en que o Goberno do Estado solicite a revisión do pagamento da sanción por sobrepesca, da que responsabilizou ao Goberno popular existente daquela. Na actualidade páganse 7.000 toneladas de sobrepesca con cota da mesma especie. Sen embargo os socialistas propoñen que ou ben se pague cunha contrapartida económica ou ben con excedente doutra especie. Neste caso José Ramón Val propón a anchoa, da que temos o 90% de capturas e só consumimos o 60%, quedaría logo un 30% de excedente”.

Preguntado pola crítica a que un reparto lineal de cota prexudicaría a especies como o xurelo, Val salientou que o reparto por tripulantes beneficiaría por igual a todas as comunidades e “situaría a Pais Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia no mesmo punto de saída”. “Saímos beneficiados co xurelo, pero do que se trata é de competir en calquera pesquería en igualdade de condicións”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar